• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Costa de la Belle-Île

GERMÁN TAIBO

Costa de la Belle-Île
INV:
2604
Año de creación:
1915
Dimensiones:
103 x 103 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Germán Taibo recibiu toda a súa educación artística en París e percorreu Francia na procura de escenarios e ambientes nos que desenvolve os seus intereses creativos. Bretaña e Provenza serviranlle de inspiración para realizar naturezas, nas que destacará a intensidade da luz e da cor.

Segundo José Luis Bugallal, autor do catálogo da exposición de Germán Taibo realizada en 1947 na Coruña, o pintor estivo por primeira, e quizais única vez, en 1915 na illa de Belle-Île, na Bretaña francesa, onde, neste punto xeográfico, azoutado pola ondada, é onde produce verdadeiras mariñas: aquelas que non teñen outros protagonistas cós acantilados e os océanos. A ondada é o tema de interese para o autor, que o enfoca desde un violento primeiro plano, obrigando ó espectador a situarse no emprazamento orixinal e realizar unha visión en picado, de arriba-abaixo, sentindo unha sensación de vertixe.

Aínda que chegase á capital francesa en 1906 e coñecese as novas e revolucionarias experiencias artísticas o Impresionismo é a clave para comprender a súa forma de ver e de entender a paisaxe, unha interpretación libre e directa na que non existe debuxo previo. Coma Monet, obsesionouse en pintar as cores da luz, para o que ideou unha pintura fragmentada, de pinceladas amplas e separadas, Germán Taibo intenta captar a luz, aprehender a pel e a alma dos acantilados empregando un trazo inquedo e valente que analiza as diferentes texturas e a incidencia da luz. A pincelada tórnase ondulante para describir o movemento da auga; a dureza das penas escarpadas defínense mediante unha pegada grosa e curta e a rompente convértese nun verdadeiro espectáculo, o efecto das ondas batendo contra as rochas é unha explosión de escuma pastosa e espesa que case xera relevo. Nunha das mariñas, o ascenso da auga interprétase con longas pinceladas de materia varrida e estendida que, na súa caída, conforma unha masa de denso empaste.

A cor está presente en todo momento acompañando e incidindo no trazo, reforzando a idea descrita co xesto nunha unión que consegue presentar a paisaxe viva e táctil ante a retina. É imposible contar a infinita gama cromática, desde azuis intensos, verdes, brancos, rosas, violetas, azulóns, negros, ata marróns, nunha composición que é mar absoluto, onde, nunha das pezas, á penas se intúe a estreita franxa do distante horizonte e todo se revela como unha homenaxe ó mar nunha concepción panteísta da natureza.

Exposiciones

"Germán Taibo". Xuño-xullo de 1947. Real Academia Provincial de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, A Coruña.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78