Retablo
Comentarios
A soidade pola beleza da súa nenez ourensá é o mundo poético deste autor que busca a inocencia e a tenrura para concibir unha arte que nace da terra, do barro, material ó que non renuncia nunca.
O retablo parece un instante conxelado, un momento na vida das figuras que podería representar algún dos seus temas habituais, como as maternidades ou as escenas da infancia de Cristo. As oito figuras do relevo, distribuídas en tres grupos, compoñen unha escena tenra e maternal, onde cada nai está acompañada polos seus fillos. A composición é equilibrada dispoñendo frontalmente as figuras vestidas con roupaxes alegres e coloristas que reflicten a influencia da imaxinería popular no facer do artista.