Vendedora de pescado
Comentarios
Escena convencional, á que a materia e a luz proporcionan unha gran intensidade. A materia, mesta, profundamente constructiva, moldea as formas e subliña o debuxo, retendo a luz en grumos e asperezas de variados matices grises que relocen no peixe do primeiro termo con gran realismo. O mandil branco constitúe un foco de luz que afecta a toda a figura, producindo reflexos nas carnacións, provocando un contraste coa penumbra do fondo, onde se amontonan cestas baleiras.
Bibliografía
: F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 3
Exposiciones
"La pesca en la Pintura", do 17 de setembro ó 13 de outubro de 1985, Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección de C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1988; "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago e Kiosko Alfonso , A Coruña, novembro e decembro de 1988 e xaneiro de 1989; "Artistas Galegos na Colecçao Caixavigo", Casa D. Hugo, Porto, do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX", Auditorio de Galicia do 29 de abril ó 24 de maio de 1992. "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo. Do 18 o 29 de xaneiro de 1996, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.
"Juan Luis López", do 29 de marzo ó 6 de maio de 2001 no Centro Cultural Caixanova en Vigo, do 11 de maio ó 10 de xuño de 2001 na Aula de Cultura Caixanova en Ourense, do 13 de xuño ó 15 de xullo na Sala de Exposicións Caixanova en Pontevedra e do 19 de xullo ó 19 de agosto no Museo Provincial de Lugo.
Reproducciones
"La pesca en la pintura", Catálogo da Exposición "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", Catálogo da Exposición; "Artistas Galegos na Colecçáo Caixavigo", Catálogo da Exposición; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX.",Catálogo da Exposición; "Do Romanticismo ós anos vinte" Catálogo da Exposición co nº 36