Arpegios A, 2004
Comentarios
Esta obra de Rafael Úbeda, de estrutura xeométrica e cromatismo intenso, une música e pintura, dúas grandes bases na personalidade artística deste pintor que dedicou os seus esforzos a interrelacionar estas dúas disciplinas.
O dinamismo da súa pintura apréciase pola explosión de cor e movemento. Todo parece desordenado, caótico, movido; non obstante, todo está meditado, estudado, pensado.
Solidez construtiva. A obra descomponse en fragmentos de diferentes tamaños que partindo do caos van creando formas, neste caso musicais. Elementos que se repiten varias veces para conseguir vivacidade e ritmo, afondando na alma sonora do artista. A pincelada rápida e inmediata xera texturas suaves nas múltiples capas que se constrúen cun lirismo poético.
Un mundo plástico sonoro onde, como o artista comenta, lle interesan "... o dinamismo, a busca de novas formas, o ritmo e a modalidade que constitúen esencia, as sucesivas pegadas de cor ben marcadas, para conseguir ese difícil resultado expresivo".
Exposiciones
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición "Rafael Úbeda. Expresiones y arpegios", na Sala de Exposicións I do Centro Social Caixanova, do 4 de maio ao 4 de xuño de 2006.
Reproducciones
Catálogo "Rafael Úbeda. Expresiones y arpegios", páxs. 42, 43.