• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Maternidad

ANTÓN FAÍLDE

Maternidad
INV:
9063
Año de creación:
1959
Dimensiones:
63 x 28 x 29
Técnica:
Granito

Comentarios

Figura sedente, co neno no colo,lixeiramente ladeado cara á esquerda. A nai e o fillo non se miran entre si, pero a través das súas mans establecen unha relación de intimidade. Os pregamentos da roupa están traballados con gran mestría, rematando en zig-zag, ó caer polas costas, e formando ondas entre as pernas e a partir do xeonllo esquerdo, dentro da máis pura tradición do mestre de Praterías. Nada inqueda a expresión das súas faces envoltas nun tenro idealismo, de carácter popular.

Exposiciones

"Failde", organizado pola D.G.B.A.A., en Madrid, en 1960;"Failde", antolóxica, do 16 de xaneiro ó 8 de febreiro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986 na Sala de Exposicións da dita Entidade; "Artistas Gallegos na Colección Caixavigo", itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago , e Kiosko Alfonso , A Coruña, en nov. e dec. de 1988 e xaneiro de 1989;"Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX.", Auditorio de Galicia, do 29 de abril ó 24 de maio de 1992; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo; do 18 o 29 de xaneiro de 1996, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.

"Antón Failde", do 14 de xuño ó 14 de xullo de 2001 na Aula de Cultura Caixanova en Ourense.

 

"Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e identidade nacional". Do 5 de outubro ao 10 de decembro de 2006. Fundación Luis Seoane, A Coruña.

 

Reproducciones

"Failde", Catálogo da Exposición organizada por D.G.B.A.A. en Madrid; "Diccionario Crítico del Arte español contemporáneo", de Antonio Campoy, M.1973, páx. 125; "Failde", nº 10 da serie "Grandes Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", Catálogo da Exposición Antológica itinerante; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX." Catálogo da Exposición; "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 56

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78