SIN TÍTULO
Comentarios
Esta obra, inspirada na natureza e de marcada sinxeleza harmónica, pertence a Ignacio Basallo, un artista que marcou a renovación plástica en Galicia dende os anos 80.
Madeira e ferro conforman unha peza que, colgada do teito, imita a forma dun gran peixe que foi capturado. Beleza oculta para acentuar diferentes sentimentos que capta do seu contorno. El mesmo comenta: "son construtor de obxectos inútiles que, en aparencia, son reais".
Basallo investiga e constrúe relacionando diferentes materiais que teñen como punto de partida a madeira. Un continuo diálogo entre pensamento, materia, cor e forma.
Unha forma estilizada e lonxilínea de aparencia fráxil que se despide da peaña e busca un amplo espazo onde ser contemplada.
Exposiciones
Exposición "Ourense arte esencial. De Antonio Puga aos nosos días" Centro Social Caixanova Ourense. novembro 2005/xaneiro 2006.
Exposición "Apeiros do s. XIX. Esculturas do s. XXI" Sala I Centro Social Caixanova Vigo. Do 7 setembro ao 10 outubro de 2005.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.
Reproducciones
Catálogo "Ourense arte esencial. De Antonio Puga aos nosos días". páxina 115.
Catálogo "Apeiros do s. XIX. Esculturas do s. XXI". páxina 29.