Un feixe de peixe

- INV:
- 2461
- Año de creación:
- 1999
- Dimensiones:
- 146 x 195 x 0
- Técnica:
- Mixta/tea
Comentarios
O gran formato suxírenos unha inmersión no cadro, do cal a referencia é unha caixa de pesca fresca debidamente ordenada en contraste cos peixes que se moven fóra do rectángulo, nas esquinas do cadro, incorporados á tea con grampas. Domina a superficie unha cor abrancazada, agrisada, de escuma de mar, de sal, de xeo, solidamente construída cunha materia densa e esponxosa, con brochazos, salpicaduras, protuberancias e gromos, combinando o rigor constructivo coa intuición do puramente pictórico. EXPOSICIÓNS: "Jorge Cabezas, Pinturas y Esculturas", Nova sala de exposicións Caixavigo, Xaneiro 2000.