Noaia
Comentarios
Unha serie de figuras xúntanse agrupadas nun espacio ateigado de negros e grises que baña con brancos a luz da lúa. Entre elas destaca unha personaxe feminina de ventre avultado, un rapaz e unha figura masculina de físico corpulento; todos teñen xestos diferentes, un ergue a man, mira arriba ou xira cara a un lado, cada postura ten un significado que se carga de presaxios, coma se asistiramos á celebración dalgún rito ou costume máxico. Teas transparentes e formas escultóricas, elaboradas cun debuxo simple e conciso, conxúganse con equilibrio facendo convivi-la flexibilidade e maila firmeza.
Exposiciones
"Xaime Quessada". Centro Cultural Caixanova e Casa das Artes.Vigo. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002.