• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Retratos

JOAQUÍN VAAMONDE

Retratos
INV:
756
Año de creación:
1895
Dimensiones:
70 x 151 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Cun transfondo testemuñal e unha inclinación pola psicoloxía, retrata a personaxes famosos con cabezas e bustos en distintas posicións, todos en situación de posar. As faces que emerxen dun fondo neutro, escuro e con puxante enerxía articúlanse de forma que ningunha está illada; atópanse inmersos no ritmo que lles impón o espacio que os envolve. Expresa o carácter de cada personaxe con detalles qu os definen individualmente. A luz e a cor xogan un importante papel, destacando distintos puntos da composición. A pincelada, apretada e lisa, libérase no casco dourado, o peiteado da dama e a longa e mesta barba branca.
Unha nota dos anteriores propietarios identifica os personaxes como Pérez Galdós, José María de Pereda, Emilia Pardo Bazán mailo e o bispo de Vich, José Torres y Bagés. María Ángeles Tilve Jar comenta o seguiente respecto desta obra: " (...) Retratos (colección Afundación), unha galería de personxjes na que o artista se autorretrata xunto a algunha das figuras trascendentais na súa traxectoria" [en http://www.dbe.rah.es/biografias/31419/joaquin-vaamonde-cornide].

Bibliografía

F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 14

Exposiciones

"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.

"Joaquín Vaamonde Cornide", do 26 de outubro de 2000 ó 7 de xaneiro de 2001 na Fundación Pedro Barrié de la Maza en A Coruña, e do 18 de xaneiro ó 11 de febreiro de 2001 no Museo de Pontevedra.


 

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78