Homenaje al toro de Lecumberri
Comentarios
Obxectos e utensilios típicos do taller dun artista e das obras da natureza morta amontóanse sobre unha mesa, resaltando sobre a fiestra do fondo. Neste inventario de cousas destacan o busto dun toreiro e a cabeza dun touro. Tódolos elementos están perfectamente definidos con contornos nítidos e variados e un rechamante colorido, constituíndo un conxunto plástico de formas e cores.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"Arte Galega na colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio, no Auditorio de Galicia, Santiago. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Reproducciones
"Arte Galega na colección Caixavigo S.XX", Catálogo da exposición co nº 1. "Entre a tradición e a modernidade" catálogo da exposición co nº 23.