MUJER RUBIA

- INV:
- 4374
- Año de creación:
- 1951 (Circa)
- Dimensiones:
- 49 x 40 x 0
- Técnica:
- óleo sobre táboa
Comentarios
Esta obra de Maruja Mallo destaca pola súa calidade característica do seu estilo maduro realizada durante o seu longo exilio americano. Pertencente á serie "Retratos bidimensionais", onde a autora enxalza a beleza feminina, represéntase unha muller, arquetipo dun novo mundo, que ocupa toda a composición do cadro. Un retrato onde a figura se dispón de perfil e aparece perfilada cun debuxo meticuloso e estudado no que as formas están xeometrizadas.
Equilibrio compositivo e cromático, suxeito ás leis da xeometría e da aritmética, gran preocupación da artista. Harmonía e proporción nunha obra con formas de estilo clásico, onde as sombras e as luces destacan os volumes. Imaxe plana e prototípica onde xoga coa cor usando gamas de ocres, amarelos e terras.
O fondo é plano en tons claros e degradados que pasan do azul ao branco e no que a escasa textura do material fai resaltar a materia e os volumes do rostro, resaltando a súa importancia na obra.
Exposiciones
“Mujeres Artistas en el siglo XX” Centro Social Caixanova. Pontevedra. Do 16 de setembro ao 26 de outubro de 2008.
Reproducciones
“Mujeres Artistas en el siglo XX", páxina 37.