Coloso deitado
- INV:
- 9224
- Año de creación:
- 1985
- Dimensiones:
- 86 x 245 x 70
- Técnica:
- Madeira policromada de nogueira
Comentarios
A figura do coloso, espido, botada boca abaixo, cos brazos cruzados, o torso levantado e a cabeza inclinada cara a arriba, respira autenticidade, e, precisamente por eso, resulta enigmática. A súa presencia supéranos e domínanos. Realizada nun só bloque de madeira, cunha fisura aberta nas costas, mantén, como as obras de Miguel Ángel, o equilibrio entre o corpo e o espírito. A forza expresiva dese corpo espido, co pelo pintado e unha textura superficial rugosa, conservando as marcas da gubia e as vetas da madeira á vista, é moi grande. Non hai explicacións, a ausencia de palabras agudiza a nosa atención e favorece a contemplación da obra do artista de Cambados, que levou o procedemento tradicional da talla en madeira á primeira liña de actualidade na escultura española. É esta unha das pezas monumentais que o fixeron célebre a mediados dos 80.
Bibliografía
Catálogo da exposición do Stedelij Museum Amsterdam, 1986, coa obra reproducida.
Exposiciones
Galería Montenegro, Madrid 1985; do 20 de setembro ó 2 de novembro de 1986 en Stedelij Museum Amsterdam.
"La escultura gallega en la colección Caixavigo y Ourense. Ultimas incorporaciones" febreiro-marzo 2000, no Centro Cultural Caixavigo e Ourense de Vigo.