O proceso de cambio social que vivimos actualmente require que toda a comunidade educativa asuma novos modelos de ensinanza. Por iso, desde Afundación, a Obra Social de ABANCA, deseñamos o programa de conferencias Educación S. XXI, que aborda diversos enfoques sobre a docencia. Grandes especialistas falarán sobre novos estudos, tendencias, sinerxías interdisciplinares, innovación metodolóxica para sentar as bases cara a un cambio real e necesario no eido académico. Con este ciclo queremos contribuír para unha mellor información e formación sobre a educación no século XXI.