Ciclo Educación s. XXI con BOTICARIA GARCÍA, "O meu cerebro ten fame", en Vigo

A destacada divulgadora científica Boticaria García vén ao Teatro Afundación Vigo o próximo 20 de outubro para ofrecer a conferencia «O meu cerebro ten fame». Un encontro indispensable onde descubrir a conexión entre a nosa alimentación e a saúde mental. Nesta charla do ciclo EDUCACIÓN S. XXI, enfatiza como unha dieta equilibrada se converte nun pilar clave para o noso benestar emocional e psicolóxico. Aborda de forma amena e rigorosa este enfoque integral, convidándonos a reconsiderar a relación entre o que consumimos e o noso estado mental para promover hábitos que beneficien tanto o corpo como a mente.
Decontado poderás reservar as túas entradas en Ataquilla.com e gozares deste novo espazo de coñecemento. E se es subscritor/a da nosa newsletter, tes posibilidade de reserva anticipada.
Sábado, 20 OUT 2025 | Teatro Afundación Vigo
- 18.30 h | Público xeral | Decontado á venda en Ataquilla.com
- 11.00 h | ESCOLARES | Inscricións
Esta conferencia encádrase no programa solidario Cultura por Alimentos. O custo simbólico da entrada, 2 €, irá destinado integramente aos bancos de alimentos locais.
Máis información
BOTICARIA GARCÍA
Farmacéutica, nutricionista e optometrista, Boticaria García é unha das divulgadoras máis recoñecidas do país. A súa capacidade para facer accesible o coñecemento científico, xunto coa súa presenza en medios de comunicación e os seus múltiples premios, avalan o seu compromiso coa promoción de estilos de vida saudables.
Colle a oportunidade de asistir a unha xornada única que combina ciencia, benestar e solidariedade.
CICLO EDUCACIÓN S. XXI
Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre educación a toda a comunidade escolar e ao público xeral. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios. Se tes interese en visualizar estes contidos, bota un ollo en Afundacion.tv
Queres coñecer todos os encontros desta NOVA EDICIÓN do ciclo Educación s. XXI? Entra aquí e infórmate.