Ciclo EDUCACIÓN S. XXI 2025-2026
Renovamos o noso compromiso coa educación de vangarda e desde Afundación, Obra Social ABANCA, traemos unha nova edición do ciclo EDUCACIÓN S.XXI, que achega a Galicia algunhas das voces máis destacadas do panorama actual para reflexionar sobre os retos e oportunidades deste século. Profesionais do xornalismo, da divulgación científica ou da neurociencia compartirán os seus coñecementos e experiencias para profesionais, familias e público xeral. Non deixes de participar neste espazo de debate e reflexión que busca aproveitar o poder transformador da educación.
PROGRAMA
30 SET | Ferrer i Balsebre | Sede Afundación Pontevedra | Apúntate (escolares)INSCRICIÓNS E RESERVAS
A entrada para as conferencias é gratuíta, previa retirada de invitación en Ataquilla.com.
Este ciclo intégrase unha vez máis no noso programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS. Convidámoste a colaborares doando alimentos non perecedoiros cando asistas a estes encontros. A túa solidariedade axúdanos a apoiar as familias máis necesitadas a través dos bancos de alimentos locais. Infórmate polo miúdo!
CICLO EDUCACIÓN S. XXI
Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre educación a toda a comunidade escolar e ao público xeral. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios. Se tes interese en visualizar estes contidos, bota un ollo en Afundacion.tv
Non perdas nada da nosa programación consultando a axenda. E para máis espectáculos, agardámoste en Ataquilla.com