Conferencia EDUCACIÓN S. XXI con MARÍA DEL PILAR DE CASTRO MANGLANO, en Santiago
"O TDAH ao longo da vida" é a nova conferencia que, dentro do ciclo Educación s. XXI, vén a afondar no trastorno por déficit de atención e hiperactividade coa especialista María del Pilar de Castro Manglano. Apúntate e asiste no Auditorio ABANCA Santiago de Compostela o 18 de novembro de 2025.
11.00 h | Escolares de ESO, bacharelato e CF | Reserva as túas entradas
19.00 h | Público xeral | Reserva as túas entradas gratuítas
Esta conferencia encádrase no programa solidario Cultura por Alimentos. A túa doazón de produtos non perecedoiros irá destinada aos bancos de alimentos locais.
Máis información
María del Pilar de Castro Manglano é especialista en Psiquiatría Infantil e da Adolescencia. Ao longo da súa traxectoria profesional, leva dedicado os seus esforzos a investigar e tratar trastornos psiquiátricos complexos na infancia, adolescencia e xuventude.
As súas principais liñas de investigación céntranse no estudo da clínica e a neuroimaxe en trastornos coma o trastorno do déficit de atención e hiperactividade.
O TDAH é o trastorno do desenvolvemento máis frecuente na infancia e adolescencia e que se caracteriza por 3 síntomas nucleares: inatención, hiperactividade e impulsividade. A súa presentación pode ser variada segundo o predominio dos síntomas e que varían ao longo da vida.
Pode ter maior ou menor gravidade en función da intensidade dos síntomas e pode darse en persoas con alto ou baixo cociente intelectual.
A súa prevalencia sitúase en torno ao 5-8 %. O 60 % pasa á vida adulta, mais a súa prevalencia na vida adulta redúcese cunha intervención precoz.
Cursa con outras comorbilidades ou enfermidades secundarias se non se tratan os síntomas nucleares e unha detección precoz cun tratamento adecuado prevén moitas patoloxías coma a depresión, ansiedade, trastornos de personalidade, trastornos de conduta, suicidios, entre outros.
O tratamento, axustado a cada perfil, mostrou eficacia, seguridade e boa tolerancia. A medicación mellora o desenvolvemento neuronal, acadando un grosor cerebral semellante ao das persoas adultas cun desenvolvemento normotípico.
CICLO EDUCACIÓN S. XXI
Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre educación a toda a comunidade escolar e ao público xeral. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios. Se tes interese en visualizar estes contidos, bota un ollo en Afundacion.tv
Queres coñecer todos os encontros desta NOVA EDICIÓN do ciclo Educación s. XXI? Entra aquí e infórmate.