• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Nova conferencia do Ciclo EDUCACIÓN S. XXI con ANA CABANA, en Lugo - Afundación

Cultura Xornadas e conferencias Xeral Familias Escolares Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Nova conferencia do Ciclo EDUCACIÓN S. XXI con ANA CABANA, en Lugo - Afundación
  • 14-03-2024 14-03-2024 Nova conferencia do Ciclo EDUCACIÓN S. XXI con ANA CABANA, en Lugo - Afundación A historiadora e investigadora Ana Cabana ten a difícil tarefa de emendar os erros do pasado e mostrarlle a escolares e familias que os libros de historia esqueceron as mulleres e, sen elas, a metade da poboación carece de referentes. Asiste á nova conferencia de Educación s. XXI, adaptada en dúas sesións para escolares e para público xeral Sede Afundación Lugo Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Lugo

    Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

  • Datas:

    14 MAR 2024

  • Horario:

    11.00 h | ESCOLARES

    19.00 h | PÚBLICO XERAL

  • Entrada:

    Gratuíta

O xoves 14 de marzo, a prestixiosa historiadora e investigadora sobre perspectiva de xénero Ana Cabana ofrece dous encontros con motivo do ciclo EDUCACIÓN S. XXI. O primeiro deles, dirixido a escolares, será ás 11.00 h, e o segundo pase para público xeral, pola tarde, ás 19.00 h. 
 
ESCOLARES | 11.00 h | "A conto de que unha historia das mulleres?" | INSCRICIÓN
PÚBLICO XERAL | 19.00 h | "Historia das Mulleres: miserias, logros e retos dunha maneira de facer historia" | INSCRICIÓN
 

Esta conferencia tratará de botar luz sobre o pasado da metade da poboación, o gran obxectivo co que xorde nos anos setenta do século XX a historia das mulleres, unha área de coñecemento cada vez con máis presenza dentro da historia e en constante relación con outras disciplinas das Ciencias Sociais e das Humanidades, tamén interesadas no estudo das mulleres, das feminidades e do movemento feminista. Trátase dunha forma de facer historia, unha maneira de pensar, ler e escribir sobre o pasado que descobre o rol das mulleres en sociedades pretéritas, a súa relación con outras mulleres e cos homes, ademais de atender á evolución no tempo da construción cultural que é o xénero (feminidades e masculinidades). A conferencia achegará unha síntese sobre a evolución dunha disciplina pouco aberta a incluír o condicionante de xénero nas súas pesquisas.

 

Prestixiosa historiadora e investigadora, Ana Cabana ten a forza e a enerxía abondas coma para, a través dos seus estudos, pór a ollada na historia e as historias condenadas ao esquecemento. Ana Cabana ten a difícil tarefa de emendar os erros do pasado e mostrarlle a escolares e familias que, os libros de historia esqueceron as mulleres e, sen elas, a metade da poboación carece de referentes. Non é casual que as nenas e adolescentes decidan evitar carreiras científicas ou técnicas, ou que sintan unha importante presión social en moitos aspectos da súa vida. Se non reconciliamos a nosa historia, se non coñecemos de onde procedemos, dificilmente poderemos acadar unha saúde mental colectiva. 
Ana Cabana foi premiada pola súa introdución á perspectiva de xénero. 
 

Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS impulsado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos todas as persoas que asistan a este evento a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto.

 

CICLO EDUCACIÓN S. XXI

Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola. 

 

MÁIS INFO AQUÍ.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078