• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Conferencia con MARÍA ACASO. Ciclo EDUCACIÓN S. XXI, en Santiago de Compostela

Cultura Xornadas e conferencias Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Conferencia con MARÍA ACASO. Ciclo EDUCACIÓN S. XXI, en Santiago de Compostela
  • 12-12-2024 12-12-2024 Conferencia con MARÍA ACASO. Ciclo EDUCACIÓN S. XXI, en Santiago de Compostela «Hoxe máis ca nunca. Do mercado da arte ao pensamento artístico» con este título enfoca María Acaso, reputada especialista en arte e educación, a nova conferencia para docencia e familias e tamén institucións da arte, coa que nos convida a mudar o mundo a través da arte Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    12 DEC 2024

  • Horario:

    19.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta

O xoves 12 de decembro, MARÍA ACASO ofrece dous encontros co gallo do ciclo EDUCACIÓN S. XXI na Sede Afundación de Santiago de Compostela. O primeiro deles, dirixido a estudantes de bacharelato de Artes, será ás 10.00 h, e o segundo pase para público xeral e especialistas ou institucións do mundo da arte, pola tarde, ás 19.00 h.

 

ESCOLARES | 10.00 h | COMPLETA
PÚBLICO XERAL | 19.00 h | INSCRÍBETE!

 

«Hoxe máis ca nunca. Do mercado da arte ao pensamento artístico» é o título da charla onde a relatora explicará como utilizar a arte e a creatividade para mudar o mundo, como empregar o pensamento artístico para realizar unha transformación social. O Art Thinking é un marco de acción desde o que cambiar a concepción tradicional da educación, é o marco de aprendizaxe ideal co que acceder ao coñecemento das disciplinas máis variadas.

O seu concepto conecta coa filosofía da nosa Área de Educación no campo das artes plásticas, na que vimos traballando ao longo dos últimos anos, xerando un sistema de ensino que use a linguaxe da arte para tratar outros temas e materias. O noso último e máis inspirador proxecto artístico, SIMULTÁNEA, é o exemplo deste tipo de linguaxe, onde a través de diversas exposicións en todas as nosas salas, con diferentes temáticas, enfoques, estilos, xéneros e etapas, abordamos diversidade de coñecementos, valores e perspectivas para activar outras formas de pensamento. Este concepto de educación estivo e estará presente na área de exposicións Afundación, seguindo uns principios que fan das nosas mostras en xeral, moito máis ca un conxunto de pezas de arte penduradas dunha parede. Detrás delas hai un discurso que cada ano atrae preto de 30 000 escolares. A arte faise unha ferramenta necesaria para educar.  

 

MARÍA ACASO

María Acaso (Madrid, 1970) é doutora en Educación artística e traballa desde o 2002 como profesora titular na Facultade de Belas Artes da Universidad Complutense de Madrid, posto que compaxina, desde o 2010, co seu labor de socia fundadora do colectivo de arte e educación Pedagogías Invisibles.

Canda á súa actividade académica, desenvolveu proxectos relacionados coa arte contemporánea e a educación nas principais universidades e centros de arte internacionais. Algúns destes proxectos tiveron lugar na Hochschule der Künste Bern (Suíza), Universität zu Köln (Alemaña), Universidad Autónoma de México, The Bergen National Academy of The Arts (Noruega) e en NYU, Colby College, The New School of Social Research, The School of the Arts Institute of Chicago, Harvard e Stanford (EE. UU.).

No terreo das institucións culturais, traballou para KHW (Alemaña), Alumnos 47 e Laboratorio de Arte Alameda (México), MUSAC, Cac Ses Voltes, Fabra i Coats, MACBA, Matadero Madrid, Tabakalera, Alcalá 31, ARCO (España), OPAM (O Xapón), Museo de la Memoria (Chile), IX Bienal de Mercosur (O Brasil); Lugar a Dudas, NC-arte, Museo de Antioquia e Museo de Arte Moderno de Medellín (Colombia); Culturgest (Portugal), MoMA e Getty Museum (EE.UU.), entre outras. Nos últimos anos, merecen atención os proxectos experimentais «Ni arte ni educación» (2015-2016, Matadero Madrid), «¿Dónde está la Oficina de Mediación?» (2016-2017, LABoral, Xixón) e «Educar la institución» (2017, Centro Nacional de Arte Contemporáneo Cerrillos, Chile). É presidenta do Comité Asesor en Arte Ciudadano de la Fundación Daniel y Nina Carasso en España desde 2016 e ten publicado numerosos libros, entre os que destacan Art Thinking. Transformar la educación a través de las artes (Paidós, 2017) e La educación artística no son manualidades (Los Libros de la Catarata, 2009). O seu blog «mariaacaso.es» é un referente internacional en educación artística.

 

Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Invitamos todas as persoas que asistan a este evento a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto.

 

CICLO EDUCACIÓN S. XXI

Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola.

MÁS INFO AQUÍ.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078