
«Os teus fillos ven porno, que vas facer?», nova conferencia del ciclo EDUCACIÓN S. XXI co experto en educación sexual e conductas adictivas asociadas á pornografía en menores, José Luis García, no Auditorio ABANCA en Santiago.
Tamén en AfundaciónTV
Unha parte significativa de menores en España ‒mozos, fundamentalmente‒ inícianse precozmente no consumo de pornografía, ao redor dos 8 anos, unha idade próxima, nalgunhas familias, á compra do primeiro móbil. Algúns estudos adiantan a idade aos 6, mesmo antes en determinados casos. Aos 16 anos xa son gran maioría, incluíndo moitas mozas que copian dos mozos estas pautas de acceso. Probablemente, aos 18 anos haberá moi poucos mozos que afirmen «Nunca vin porno». Antes dos 20 anos, un 25 % consumiría entre 100 e 5.000 horas de porno.
A inmensa maioría desta pornografía á que se expoñen, presenta diferentes doses de violencia real contra as mulleres. Por ese motivo, aínda que as estatísticas falan de que a porcentaxe de consumo en mozas é menor, elas son as que sofren unha parte importante das consecuencias. Ademais, hai evidencias científicas suficientes para considerar diferentes efectos adversos para a súa saúde emocional, afectiva e sexual. Todo iso configura un escenario complexo que moitas familias non queren recoñecer. Nesta conferencia imos falar dos riscos e da necesidade dunha educación sexual profesional e científica, pero non só, tamén da importancia de que as familias e mesmo o profesorado aborden de fronte estes temas na casa e na aula. A pregunta é, por tanto: Que vas facer? Queres que o porno violento sexa o seu referente educativo, ou adiántaste ti?
Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS impulsado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos todas as persoas que asistan a este evento a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto.
A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí
AXENDA
CICLO EDUCACIÓN S. XXI
Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola.
MÁIS INFO AQUÍ.