-
Tempada de Abonos de Teatro en Vigo xaneiro - xuño 2026
Unha programación escénica de primeiro nivel que traerá ás táboas do Teatro Afundación Vigo as producións máis destacadas do panorama actual.-
ONDE:
Teatro Afundación Vigo -
Datas:
XAN - XUÑ 2026
-
-
Tempada de Abonos de Teatro en Pontevedra. Xaneiro - xuño 2026
Prepárate para gozar dunha selección das mellores obras do circuíto nacional no Auditorio Afundación Pontevedra.-
ONDE:
Sede Afundación Pontevedra -
Datas:
FEB - XUÑ 2026
-
-
Obra de teatro QUERIDA AGATHA CHRISTIE, en Vigo
O xoves 7 de maio chega ao Teatro Afundación de Vigo «Querida Agatha Christie», a obra escrita e dirixida por Juan Carlos Rubio que imaxina un encontro imposible entre dous xigantes da literatura: Agatha Christie e Benito Pérez Galdós. Unha noite de 1927, nunha habitación do Hotel Taoro de Tenerife, unha escritora ao bordo do abismo e un elegante cabaleiro comparten segredos, misterio e humor nunha comedia dramática cun final que non poderás contarlle a ninguén.-
ONDE:
Teatro Afundación Vigo -
Datas:
7 MAI 2026
-
Horario:
20.30 h
(90 min)
-
-
FESTIVAL ARTES ESCÉNICAS SPECIAL OLYMPICS GALICIA, en Santiago de Compostela
A Asociación ASPADEZA trae ao festival Special Olympics un serán cheo de arte. O próximo 7 de maio, Santiago de Compostela será o escenario de catro actuacións que combinan percusión, teatro, baile e vídeo, protagonizadas polos usuarios e usuarias da entidade. Unha cita imprescindible para celebrar o talento e a creatividade de todas as persoas que forman parte de ASPADEZA.-
ONDE:
Auditorio ABANCA -
Datas:
7 MAI 2026
-
Horario:
19.00 h
-
-
Obra de teatro QUERIDA AGATHA CHRISTIE, en Pontevedra
O venres 8 de maio chega ao Teatro Afundación de Pontevedra «Querida Agatha Christie», a obra escrita e dirixida por Juan Carlos Rubio que imaxina un encontro imposible entre dous xigantes da literatura: Agatha Christie e Benito Pérez Galdós. Unha noite de 1927, nunha habitación do Hotel Taoro de Tenerife, unha escritora ao bordo do abismo e un elegante cabaleiro comparten segredos, misterio e humor nunha comedia dramática cun final que non poderás contarlle a ninguén.-
ONDE:
Sede Afundación Pontevedra -
Datas:
8 MAI 2026
-
Horario:
20.30 h
(90 min)
-
-
FESTIVAL ARTES ESCÉNICAS SPECIAL OLYMPICS GALICIA, en Vigo
A Asociación ACEESCA trae ao festival Special Olympics unha aventura chea de humor e acción inspirada nos célebres personaxes de Astérix e Obélix. O 2 de xuño ás 18.30 h, o Teatro Afundación de Vigo acollerá «Astérix e Obélix: Aventura en Compostelix», unha obra de teatro que promete arrincar máis dunha gargallada a todos os públicos.-
ONDE:
Teatro Afundación Vigo -
Datas:
2 XUÑ 2026
-
Horario:
18.30 h
-