FESTIVAL ARTES ESCÉNICAS SPECIAL OLYMPICS GALICIA, en Vigo
A Asociación ACEESCA participará no festival Special Olympics o 2 de xuño ás 18.30 h no Teatro Afundación de Vigo e presentará Astérix e Obélix: Aventura en Compostelix, unha divertida obra de teatro protagonizada polos usuarios e usuarias da área de adultos da asociación.
O percorrido dos dous intrépidos galos lévaos desta volta ata Compostelix, unha aldea famosa por gardar un botafumeiro xigante con poderes máxicos que protexe os seus habitantes. Os romanos, liderados por un ambicioso centurión, planean roubalo para debilitar a aldea e sometela. Coa axuda da poción máxica do druída, Astérix e a forza imparable de Obélix enfróntanse a lexións romanas, trampas e conspiracións. Após dunha serie de combates e situacións cómicas, conseguen frustrar o plan romano e devolver a paz á aldea.
Para obter máis información sobre o resto de actuacións do Festival Special Olympics, consulta o cartaz que figura máis abaixo. E para coñecer os nosos espectáculos, consulta a axenda web ou accede a Ataquilla.com.