Obradoiros de Nadal Afundación 2025
Este Nadal organizamos dous obradoiros creativos nos que a arte e a robótica se unen para ofrecer unha experiencia chea de cor, imaxinación e aprendizaxe para os máis pequenos da casa.
As actividades celebraranse nas distintas sedes da rede Afundación os días 23 e 30 de decembro, en horario de 11.00 a 13.00 h, cun aforo máximo de 15 participantes por grupo e dirixidas a nenos e nenas de 4 a 10 anos.
Cada sesión combina dinámicas participativas, experimentación con materiais e iniciación á robótica lúdica. O noso equipo educativo acompañará cada paso para crear un espazo seguro, divertido e estimulante.
O prezo da actividade é de 5 € e a inscrición realízase en Ataquilla.com.
Máis información:
-
Sede da Coruña: 981 185 060
-
Sede de Santiago: 981 552 577
-
Sede de Lugo: 982 289 096
-
Café Moderno Pontevedra: 986 333 210
-
Sede de Vigo: 986 129 032
Ou no correo: areaeducativa@afundacion.org