• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Performance de Estíbaliz Espinosa: «A ombros de xigantas vermellas». Santiago de Compostela

Cultura Outras Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Performance de Estíbaliz Espinosa: «A ombros de xigantas vermellas». Santiago de Compostela
  • 09-05-2019 09-05-2019 Performance de Estíbaliz Espinosa: «A ombros de xigantas vermellas». Santiago de Compostela Acto poético musical coa escritora galega, gañadora en 2017 do Premio de Poesía Afundación. Descubre con ela o proxecto cultural Sonoro empeño con moitas máis alternativas de lecer Centro Obra Social ABANCA Praza de Cervantes, s/n. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Centro Obra Social ABANCA

    Praza de Cervantes, s/n. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    9 de maio 2019

  • Horario:

    19.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

O xoves 9 de maio convidámoste a unha nova actividade do proxecto Sonoro empeño, unha proposta con que convertemos o Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela nun suxestivo altofalante cultural que combina música e pintura a través de variadas accións: concertos, obradoiros infantís ou a mostra «Sonoro Empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», eixe de todo o programa. Con Estíbaliz Espinosa, gañadora do Premio de Poesía Afundación 2017, asistimos a unha marabilla de performance poética en que a artista recita unha escolma da súa poesía científica conxugada coa música da pianista Isabel Gómez Alonso, baixo o título «A ombros de xigantas vermellas». 

 

Previa inscrición aquí.

 
Coñece aquí a programación do proxecto cultural Sonoro empeño, un compendio de actividades dirixidas a todas as idades que combina pintura, música, poesía, cociña e outras sorpresas. 

 

ESTÍBALIZ ESPINOSA 

A Coruña, 1974, ano da mensaxe ao espazo dende o radiotelescopio de Arecibo

www.estibalizespinosa.com

@criaturamecanic

Naceu e vive na Coruña. É escritora, músico e astrónoma afeccionada. Interésalle a constelación que une literatura, ciencia e muller. O seu labor poético, concibido como unha exploración, unha mutación ou unha simbiose, ten a reivindicación da ciencia como parte substancial da cultura humanística. A curiosidade como emblema. É licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica, ambas pola UDC.

Publicou varios libros de poemas:

Mecánica Zeleste [1999]

Pan [libro de ler e desler] [2000]

-orama [2002]

Número e [2003]

Zoommm. Textos biónicos [2007/2009]

Papel a punto de [2011]

Curiosidade [2017]

Escribe tamén relato curto, ensaio e traducións. Entre eles, os seus relatos sobre mulleres investigadoras, narrados en Radio Voz, co título Cápsulas de son. Escribiu tamén un álbum de astronomía para nen*s, Caer de cu polo universo [2015]. Traduciu a Sholeh Wolpé, J.L. Ducid, fragmentos de Carl Sagan, Richard Feynman, Grace Paley, Wislawa Szymborska ou Diane Ackerman.

Artellou un ciclo de encontros entre literatura, arte e novas tecnoloxías: Pinte un bisonte na caverna, por favor [Caixa Galicia, 2008].

Algúns dos seus poemas traducíronse a galés, catalán, macedonio, xaponés, hebreo, iraniano, castelán, inglés, alemán. Poemas seus publicáronse na revista neoiorquina Strange Horizons, na xaponesa Beagle e en diversas publicacións galegas e castelás, como Olga ou La Galla Ciencia, e no libro colectivo The Museum of all things awesome and that go boom. Obtivo galardóns como o Premio Esquío, La voz +joven, Serie B de Poesía  ou o Espiral Maior en poesía, e o José Saramago de Santiago de Compostela, en relato. Foi finalista do certame Cosecha Eñe de relatos en castelán [2014].

Participou en eventos de divulgación científica como Naukas 2017 e en numerosos festivais literarios, dende Gales a Barcelona, Bos Aires ou Vigo, e en numerosos recitais, dende Famalição a Palma de Mallorca, dende Gernika ao Planetario da Coruña.

Entre as súas influencias salientan a ciencia [astronomía, neurociencia, bioloxía, programación], ciencia-ficción, música, feminismo, novas tecnoloxías, a narrativa científica e a literatura experimental, dende a poesía galega, norteamericana e oriental, á narrativa latinoamericana ou a literatura eslava. 

 

ISABEL GÓMEZ ALONSO. PIANISTA

É profesora titulada superior en Solfexo e Piano. Tamén cursou a diplomatura de Maxisterio en Educación Musical e titulouse en Pedagoxía Willems e Rítmica Dalcroze. Durante anos colaborou con cantantes e no 2012 comezou a traballar como pianista repertorista do Coro de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia, agrupación coa que se mantivo durante seis anos, para logo incorporarse como corista no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Desde 2001 traballou en diversos conservatorios da comunidade como profesora de Fundamentos de Composición e no ano 2008 incorporouse ao Conservatorio Profesional da Coruña como profesora de Linguaxe Musical e Educación Auditiva e Vocal. Desde 2011 coordina neste centro o Grao Elemental, e desde 2012 tamén é responsable do proxecto dirixido á incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais nas ensinanzas musicais. 

 

SONORO EMPEÑO

Arte e música danse a man na capital galega, e transforman o Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela nun potente, dinámico e sonoro altofalante. 

O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. A partir do 25 de marzo.

Coñece aquí toda a programación!

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078