Novembro na Biblioteca Infantil Afundación. Santiago de Compostela
EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA: «A LECTURA ESTÁ DE MODA!»
Nesta exposición achegámosvos os títulos e autor@s que todas rapazas e rapaces queren ler… bótalle un ollo a estes libros antes de que desaparezan!
TALLERES E ACTIVIDADES
Hora do conto. Martes ás 18.30 h
Obradoiros de dinamización lectora. 18.30 h
Luns 5 e 12: Obradoiro de debuxo
Mércores 7: Obradoiro de creación literaria e artística I
Xoves 8: Obradoiro de creación literaria e artística II
Venres 9. Obradoiro lúdico: Xogamos ás adiviñas con post-it
Mércores 14: Tempo de pasatempo
Xoves 15: Obradoiro de creación artística: Marcapáxinas
Venres 16: Obradoiro lúdico: Xogo de parellas
Luns 19: Obradoiro de manualidades con goma eva
Mércores 21: Obradoiro literario con sobres
Xoves 22: Obradoiro de creación de contos
Venres 23: Obradoiro lúdico: Crebacabezas con contos
Luns 26: Tempo de pasatempo
Mércores 28: Xogo de trivial literario
Xoves 29: Obradoiro de papiroflexia
Venres 30: Obradoiro lúdico: Adiviñamos personaxes
Seminario
Sábado 17: XIV Seminario e curso de formación «Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega».
Visitas escolares
O xoves 15 estarán con nós as nenas e nenos de 4 anos do CEIP Lamas de Abade de Santiago. Dámoslles a benvida!
ACTIVIDADES DO CONCELLO (Información no propio centro)
- Teatro. Todos os luns a partir das 18.00 h
- Venres en familia. A partir das 18.00 h
OLLO! Non esquezas devolver ao longo do mes os libros que levaches. Ten en conta que aplicaremos a «penalización solidaria» para os libros que se entreguen con retraso!