Seminario: Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega. Santiago
Os días 16 e 17 de novembro terá lugar o Seminario e curso de formación «Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega» dirixido a docentes de secundaria e bacharelato e a persoas interesadas en xeral. A primeira xornada celebrarase no Centro Ramón Piñeiro e a segunda, na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela. O curso ofrécese como resultado do Seminario realizado por investigadores do marco ibérico e ten como finalidade formar e informar sobre as mulleres como axentes literarias na LIX galega. O obxectivo é que as protagonistas falen da súa propia traxectoria para visibilizar o labor das mulleres e que as persoas mediadoras (desde a docencia, a familia, a lexislación, a edición, a biblioteca) estean informadas e traballen en cuestións de xénero a partir da visibilidade da Literatura Infantil e Xuvenil, xa que esta reflicte todos os avatares da muller.
Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos plans de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e a comprensión lectora e escrita.
Requisitos de acceso: Profesorado de secundaria e bacharelato. Calquera interesad@ no tema.
Matrícula: ata o 16 de novembro de 2018
Carga docente: 10 horas.
(A homologación ten que solicitarse individualmente unha vez finalizado o curso á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como formación permanente do profesorado.)
Para máis información consulta embaixo o programa en PDF.