
A Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela é a biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil máis antiga de toda España. Entre os seus fondos conta con toda a produción deste eido publicada en lingua galega ata o momento. Ofrécense servizos de información bibliográfica, guías de lectura e préstamo de libros e audiovisuais. O fondo actual é de 20 000 libros e 700 DVDs.
Dirixida especialmente a nenos e nenas maiores de 4 anos e menores de 18, conta tamén con usuarios de outro perfil coma pais e nais, profesorado ou estudantes de maxisterio.
A biblioteca ocupa unha superficie de 300 metros cadrados con espazos adecuados aos distintos públicos:
- Prelectores e primeiros lectores, ata 8 anos
- Lectores autónomos, a partir de 9 anos
- Espazo audiovisual
- Salón de actos
- Espazos destinados a información, consulta e xestión de préstamos
Consulta a Carta de servizos da Biblioteca Afundación Santiago de Compostela. PDF-889 Kb
Servizos
- Zonas específicas dependendo do público e os usos: Zona de prelectores e primeiros lectores (ata 8 anos), Zona de lectura pausada, Zona de lectores autónomos (a partir de 9 anos) e Zona de referencia (enciclopedias, dicionarios, material audiovisual…)
- Salón de actos
- Espazo audiovisual
- Préstamo para persoas socias
- Información bibliográfica
- Reserva de publicacións
- Tres ordenadores públicos para consulta rápida de internet
- Dous equipos informáticos para consulta de fondos propios xestionado polo Programa Atopa
- Actividades de animación á lectura e formación aos usuarios: Hora do conto para nenos e nenas menores de 8 anos; obradoiros de ilustración dirixidos aos mozos e mozas; obradoiros de animación á lectura; visitas escolares; presentacións de libros e formación continua sobre literatura infantil e xuvenil
- Publicación dun boletín informativo
Información bibliográfica
O persoal da biblioteca resolverá calquera dúbida respecto ao funcionamento da biblioteca, os seus fondos e bases de datos, e colaborará na busca bibliográfica.
Préstamo a domicilio
Para acceder ao sistema de préstamo a domicilio é preciso ter o cartón de lector. Pódense levar á casa 3 libros ou DVDs durante 15 días con posibilidade de renovación do préstamo, sempre e cando os materiais non estean solicitados por outra persoa usuaria. En ningún caso a prórroga do préstamo será automática, senón que se deberá solicitar persoalmente ou por teléfono.
O servizo de préstamo a domicilio finaliza 15 minutos antes da hora de peche.
O préstamo é individual e non se poderá ceder a ningún outro usuario sen o comunicar ao persoal da biblioteca. En caso de extravío dos materiais, estes deberán ser substituídas pola persoa usuaria. O retraso na devolución do préstamo suporá unha penalización para o lector.
Demora solidaria
A penalización por non devolver os documentos no período fixado consistirá na entrega de alimentos non perecedoiros que serán doados a algunha entidade benéfica de Santiago de Compostela.
A táboa de equivalencias é a seguinte:
Sanción ata 7 días |
1 quilo ou 1 litro |
Sanción de 8 a 14 días |
2 quilos ou 2 litros |
Sanción de máis de 15 días |
3 quilos ou 3 litros |
Máximo de 3 quilos ou litros por núcleo familiar
Horarios
Curso escolar: LUNS A VENRES | 9.00 a 13.00 e 16.30 a 20.30 h
Vacacións escolares (mediados de xuño a mediados de setembro): LUNS A VENRES | 9.00 a 14.00 h
Localización
Ver mapa más grande
Asóciate
O cartón de lector ou carné de socio é gratuíto e imprescindible para acceder á biblioteca, ao servizo de préstamo a domicilio e ao uso do servizo de internet. Formalízase no mostrador de información.
Requisitos:
- Ter 4 anos cumpridos.
- Entregar unha fotografía tamaño carné.
- Cumprimentar a solicitude de cartón de lector onde se recolle: os datos persoais, a aceptación das normas, a LOPD e a autorización dos dous pais ou o titor legal.
A persoa asinante responsabilízase da veracidade dos datos achegados, declara ter lido as condicións relativas á LOPD que figuran no anverso e obrígase, como socio desta biblioteca, ao cumprimento do réxime de utilización dos servizos e instalacións da mesma, así coma das normas e pautas de comportamento que rexan nos seus centros, asumindo as responsabilidades que no seu caso se poidan derivar do seu incumprimento.
Se no momento de solicitar o préstamo a domicilio a persoa usuaria non levase o cartón de lector, excepcionalmente e a criterio do encargado do servizo de préstamo, poderá acreditar a súa identidade con outro documento que o identifique suficientemente.
Cando os datos do lector sufran algunha alteración (cambio de domicilio, teléfono...) deberase informar a biblioteca.
É responsabilidade da persoa usuaria comunicar á biblioteca o extravío do seu cartón de lector.
Cando as persoas usuarias cumpran 18 anos serán dados de baixa, sempre e cando non utilicen os servizos da biblioteca.
Descarga a ficha de socio maior de idade PDF - 550 kB
Descarga a ficha de socio menor de idade PDF - 550 kB
Contacto