• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

«O ollo que sente» de Manuel Patinha. Ferrol

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
«O ollo que sente» de Manuel Patinha. Ferrol
  • 22-11-2016 03-12-2016 «O ollo que sente» de Manuel Patinha. Ferrol 2016 Sede Afundación Ferrol Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Ferrol

    Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)

Visita na nosa anovada Sede Afundación de Ferrol a exposición de fotografía de Manuel Patinha, «O ollo que sente», unha colección de 40 imaxes que poderás ver ata o 3 de decembro.

 

«Vivimos nunha sociedade tan tóxica (tan envelenada e envelenadora) que se nega a contemplar aqueles aspectos que –aparentemente– menos a embelezan. Sendo así, porén, que se trata (paradoxalmente) dunha sociedade, a nosa, decididamente fea. Non só por hábitos e costumes senón tamén por ese rexeitamento a se mirar no seu propio espello. Por iso, tamén por iso, este proxecto. Que pretende plasmar de maneira artística, en instantáneas, aquilo que o ollo sente, canto lle doe ao ollo (mais ao tempo o magnifica) ao contemplar os aspectos físicos que –tamén paradoxalmente– máis engrandecen esta sociedade enferma porque se nega a si mesma.

 

A beleza, aquela beleza reflectida no intre máxico que a máquina, a cámara de fotos capta, como revulsivo. Como elemento que se non cura si exerce de paliativo contra todo aquilo que se expón (e expón) ante a ollada do transeúnte. A estes efectos eu mesmo, disposto a captar, a sentir!, os latexos de quen pola súa minusvalía non poden expresarse por si sos e precisan fundirse con quen se atopa detrás do obxectivo, a bordo do cristal de aumento que servirá para amplificar –simplificando– penas e alegrías, que non outra cousa é o feito de vivir, tamén desde as minusvalías.

 

Sentir a través do nervio óptico, almacenar na retina canto aquel capta, servir os nosos semellantes, sen conmiseración, sen falsas compaixóns. A través da beleza, esa que a sociedade nosa confunde ollándose nos espellos deformadores do Callejón del Gato do mestre Valle-Inclán. Disto –e non doutra cousa– se trata. De captar o momento da beleza ferida (iso é a minusvalía) e alzalo en voo.»

Manuel Patinha.

 

Manuel Patinha, Póvoa Sta Iria (Portugal) 1949. Estudou na Escola Industrial de Vila Franca de Xira para ingresar posteriormente como voluntario na mariña de guerra portuguesa. Viaxou por Europa, América e África. Despois de sufrir un duro accidente, Patinha trasladouse a España. Viviu un tempo en Madrid, onde pintaba acuarelas. De formación autodidacta, colaborou activamente con Cruzeiro Seixas entre os setenta e oitenta. A finais dos oitenta emprazouse definitivamente en Narón (A Coruña), desde onde, tanto en España coma en Portugal, se gañou un notable prestixio como pintor, escultor e gravador. A súa obra foi exposta ao longo e ancho de Galicia e Portugal, así coma en Madrid, Barcelona, Francia, Italia e Brasil; e está presente en coleccións coma as dos concellos da Coruña, Narón e Lugo, as Universidades de Aveiro e A Coruña e diversos museos de Ourense, Vila Franca de Xira, A Coruña, Lisboa, Penafiel e Marbella. En 1971 realizou a súa primeira exposición individual na súa localidade natal, Póvoa de Santa Iria. En 1973 participou no Salón de Primavera de Estoril, e no Salón de Outono da mesma cidade. Desde entón, case corenta exposicións individuais e máis de cen colectivas, en España e Portugal, así coma numerosos premios e varias publicacións centradas na súa obra, falan da súa traxectoria multidisciplinar.

 

Horario

Luns a sábados, 11.00 a 14.00 h. e 17.00 a 21.00 h.

Entrada de balde.

 

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078