Reapertura Sede Afundación Ferrol
Estreamos novos espazos na Sede Afundación de Ferrol! O centro reinaugúrase para mostrar un concepto máis aberto e integrador co obxectivo de fomentar a convivencia entre xente nova e maior. O 15 de novembro volve abrir as súas portas ofrecendo unha anovada imaxe máis moderna e funcional, onde se suman aos espazos socioculturais xa existentes, a área de maiores e novas aulas de educación superior.
A partir da inauguración, o edificio acollerá durante todo o mes de novembro unha serie de actividades de celebración para que goces das novas instalacións. A continuación podes informarte sobre todos os eventos aos que podes asistir en vindeiras datas.
15 de novembro. Presentación e apertura do novo concepto multixeracional e interdisciplinar do edificio.
17 de novembro. Xornada de portas abertas. As persoas asociadas ao Centro de Maiores e un grupo de mozos e mozas realizarán un flashmob e a lectura do Manifesto Interxeracional. 17.00 h.
23 de novembro. Teatro para escolares Pulgarcito.
24 de novembro. Inauguración exposición fotográfica: «Vari Caramés. Ventá ao insólito».
28 de novembro. Teatro para escolares De fábula.
28 de novembro. Ciclo de cine «60+Count: Orgullo de ser maior», Shine a ligth.
2 de decembro. Curso sobre creación de películas persoais. Organizado pola Universidade Senior, en colaboración con Vodafone dentro do proxecto Ágora tecnoloxía. (Tamén será ofrecido online). 11.00 h.
3 de decembro. Presentación de libro sobre a exposición «O ollo que sente».
5 de decembro. Ciclo de cine «60+Count: Orgullo de ser maior», El becario.
30 de novembro a 29 de decembro. Mércores e xoves, visitas guiadas ao edificio para coñecer a súa arquitectura e historia. Actividade gratuíta, previa inscrición aquí. 19.00 h.