Día Internacional dos Museos 2019
O sábado 18 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Museos, e desde Afundación Obra Social de ABANCA unímonos coma cada ano á festa ofrecéndoche a posibilidade de coñeceres as exposicións máis destacadas da nosa axenda cultural e, de paso, abraiáreste cos nosos edificios históricos nas principais cidades galegas. Este ano dámosche a posibilidade de asistires ás nosas mostras a través de visitas guiadas especiais para toda a familia que inclúen un percorrido pola sala e un obradoiro colaborativo, onde maiores e peques poidan coñecer e gozar xuntos dunha experiencia en que poder co-crear, compartir e interactuar. Serán o sábado 18 de maio, ás 12.00 h, nas nosas sedes da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Neste 2019, o Día dos Museos quere destacar que o papel destas institucións na sociedade está cambiando, antes consideradas estáticas, agora estanse a reinventar para seren máis interactivas, centradas na audiencia, orientadas á comunidade, flexibles, adaptables e móbiles. Os museos convertéronse en eixes culturais que funcionan como plataformas onde a creatividade se combina co coñecemento e onde os visitantes poden vivir experiencias máis completas e libres. Achégate a gozares da arte e a historia nos nosos propios museos Afundación Obra Social ABANCA.
Sábado 18 de maio | 12.00 h (agás «Sonoro empeño» Santiago 11.30 h)
Sede Afundación A Coruña | Sede Afundación Santiago | Centro Obra Social ABANCA Santiago | Teatro Afundación Vigo
A CORUÑA
Mostra «Yo, Abelenda»
Sede Afundación. Cantón Grande, s/n
Visita familiar para pais, nais e rapazada que inclúe un percorrido polo espazo expositivo e un obradoiro en colaboración.
Aberta ata encher a capacidade.
Duración aproximada: 1 h 30 min
Información no 986 129 032 ou en areaeducativa@afundacion.org
Máis información sobre a exposición aquí.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Mostras «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» e «Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios»
Centro Obra Social ABANCA. Praza de Cervantes, s/n | Sede Afundación. Rúa do Vilar, 19
Visita familiar para pais, nais e rapazada que inclúe un percorrido polo espazo expositivo e un obradoiro en colaboración.
Aberta ata encher a capacidade.
Duración aproximada: 1 h 30 min
Información no 986 129 032 ou en areaeducativa@afundacion.org
Máis información sobre Sonoro empeño aquí.
Máis información sobre Guayasamín aquí.
VIGO
Mostra «Superpoderes. David Aja e David Rubín»
Teatro Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 13
Nesta divertida proposta, O MUSEO DOS SUPERHEROES, Asier Mensuro, o comisario da mostra parte do seguinte escenario: Se os superheroes existisen, estarían nos museos? Os pintores retrataríanos como facían con grandes monarcas e santos? a resposta é, evidentemente... claro que si!
Aberta ata encher a capacidade.
Duración aproximada: 1 h
Información no 986 129 032 ou en areaeducativa@afundacion.org
Máis información sobre a exposición aquí.