• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra: «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación». Santiago de Compostela

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra: «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación». Santiago de Compostela
  • 25-03-2019 15-09-2019 Mostra: «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación». Santiago de Compostela Obras de Kandinsky, Castelao, Picasso... Non perdas esta selección de pezas das coleccións de arte de ABANCA e Afundación sobre música e pintura CENTRO OBRA SOCIAL ABANCA SANTIAGO Cervantes s/n. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO OBRA SOCIAL ABANCA SANTIAGO

    Cervantes s/n. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    25 de marzo a 15 de setembro 2019

  • Horario:

    Martes a venres de 17.00 a 21.00 h e sábados, domingos e festivos de 11.30 a 13.00 e de 17.00 a 21.00 h

     

    Derradeira visita guiada á exposición o venres 13 de setembro ás 18.30 h

     

  • Entrada:

    Gratuíta
Solicitar visita

Visita virtual

Presentamos a mostra «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» en Santiago de Compostela. Do 25 de marzo ao 15 de setembro goza no Centro Obra Social ABANCA, sito na Praza de Cervantes, de pezas de arte fundamentais de autores coma Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada, entre moitas máis figuras senlleiras da arte, presentes coas súas pezas nas coleccións de ABANCA e Afundación. Síguenos e descubre obras incribles cun nexo común: a música.

 

Derradeira visita guiada á exposición! O venres 13 de setembro ás 18.30 h. De balde e sen necesidade de inscrición. 

 

Esta mostra encádrase dentro do proxecto cultural SONORO EMPEÑO, que ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. A partir do 25 de marzo.

Infórmate polo miúdo do programa de actividades aquí!

 

A MOSTRA 

A relación entre música e artes plásticas é unha constante que leva suscitado un enorme interese ao longo da historia. A pesar de se trataren de disciplinas distantes que se moven por diferentes canles sensitivas, as conexións e puntos de encontro son evidentes non só en canto a obxectivos expresivos comúns, senón tamén no intercambio de conceptos como ritmo, movemento, cromatismo ou variación. A cuestión sobre as conexións de música e artes plásticas ten sido motivo de reflexión, teorización e ensaio, dando lugar a vínculos de moi diversa natureza e a novas formas creativas.

 

Sobre esta premisa, establécese unha clasificación en catro seccións que abordan o tema desde diferentes perspectivas para ilustrar estas confluencias:

Iconografía musical. Unha das relacións máis evidentes entre artes plásticas e sonoras é a que atinxe á representación visual de escenas ou instrumentos musicais. As pezas expostas aquí ilustran tres temas básicos: o músico, o instrumento musical e a súa representación illada como único protagonista da obra.

Sinestesia. A utopía de formular unha pintura auditiva ou unha música visual, presente en toda a historia da arte, acada un desenvolvemento máis significativo cos movementos de vangarda, que materializan a través da hibridación sensorial a experiencia de ver os sons e escoitar as imaxes.

Festas e danzas. A representación pictórica da danza presenta un dos terreos máis propicios para a relación entre música e pintura, pois permite introducir nunha arte espacial os conceptos de dinamismo, ritmo e sonoridade, propios dunha arte temporal.

Música na infancia. A vinculación de imaxes de nenos e nenas a escenas ou instrumentos musicais, que conta cunha longa tradición pictórica, vai moitas veces ligada ás ideas de inocencia, espontaneidade e candidez, e asociada a instrumentos de timbre doce.

  

 CATÁLOGO DE ARTE

  

VISITAS GUIADAS 

Para público xeral todos os venres, agás festivos | 18.30 h |  Inscríbete o venres que prefiras (O venres 21 de xuño e os meses de xullo e agosto interrómpense)

Tamén para grupos | 1 € persoa| Concertando previamente data e hora no 981 552 577 ou no enderezo areaeducativacompostela@afundacion.org

 

DIDÁCTICA ESCOLARES

Didáctica escolares Sonoro empeño

 

APP MÓBIL para visitar a mostra. Conéctate á rede Wi-Fi e descarga de balde a aplicación Colección de Arte na App Store ou Google Play para gozares de todo o contido adicional das nosas mostras. 

 

VISITA VIRTUAL á mostra. Clica na imaxe

Pincha aquí para disfrutar de una visiat virtual a la exposición

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078