• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Ballet de Kiev regresa ao Auditorio de Afundación con A bela durminte, o clásico de Tchaikovski
Sala de prensa
O Ballet de Kiev regresa ao Auditorio de Afundación con A bela durminte, o clásico de Tchaikovski

O Ballet de Kiev regresa ao Auditorio de Afundación con A bela durminte, o clásico de Tchaikovski

martes, 03 de febreiro de 2026
Cultura

O rei, a malvada fada Carabosse ou a princesa Aurora son algúns dos personaxes que forman parte da trama de A bela durminte, un dos títulos máis representados de todos os tempos e que mañá mércores pon no escenario o Ballet de Kiev no Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra. O espectáculo comeza ás 20:30 horas e ten unha duración estimada de 110 minutos. Aínda quedan entradas dispoñibles en Ataquilla.com.

Fundado en 2017 por quen foi durante anos bailarín solista do Teatro da Ópera de Kiev, Viktor Ishchuk, o Ballet de Kiev xa xirou na súa curta historia por toda Europa, países asiáticos e tamén por América. En 8 anos, realizou máis de 700 representacións. A versión de A bela durminte que propón a formación ucraína ofrece unha interpretación coidada, respectando a tradición do estilo clásico e o legado das grandes escolas europeas. O espectáculo destaca pola súa elegancia escénica, a riqueza do vestiario e a excelencia do seu corpo de baile.

 

O argumento

Con música de Igor Tchaikovski, o libreto desta peza elaborouse a partir do conto homónimo do francés Charles Perrault (1628–1703), baseado nunha historia infantil popular que existía na tradición oral de diferentes territorios europeos.

A bela durminte conta o sucedido cando, na corte do rei Florestán, a malvada fada Carabosse, furiosa por non ser convidada ao bautizo da princesa Aurora, lanza unha maldición: ao cumprir 16 anos, a moza morrerá ao picarse cun fuso. Unha fada consegue mitigar o feitizo, transformando a morte nun sono profundo de cen anos. Tras cumprirse a profecía, o reino queda durmido ata que un príncipe, guiado pola fada, chegue ao castelo e esperte a Aurora cun bico de amor verdadeiro.

Considerada unha das grandes obras do repertorio clásico universal e organizada en 4 actos, A Bela durminte representa a culminación da arte coreográfica do século XIX.

 

Solidariedade

O Ballet de Kiev doará un euro por cada entrada vendida a UNICEF. A compañía dirixida por Viktor Ishchuk dedica desde pouco despois da invasión de Rusia a Ucraína unha parte da recadación que obtén nas súas funcións a UNICEF. Deste xeito, apoia o traballo que realiza a organización non gobernamental de carácter humanitario na emerxencia asociada á guerra.

O espectáculo é un dos 3 programados este mes no Auditorio da Sede de Afundación. O día 27 chegará ao mesmo escenario a compañía Chévere Teatro para representar Ictus (Anatomía de «A derradeira leición» do Dr. Castelao). O 28 de febreiro, o violinista Ara Malikian chega ao auditorio da Sede da Obra Social de ABANCA na cidade para presentar a súa xira Intruso World Tour.

 

 

 

 

 

 

 

 

Hai imaxes dalgúns dos espectáculos nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Conócenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicaciones
    • Centros
  • Mayores
    • Programas Espacios +60
    • Espacios +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociales
  • Agenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servicios
  • Aviso legal y política de privacidad
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078