Asóciate e goza de ser +60!

O programa “Historias Vividas” ten como obxectivo poñer en valor as vivencias das persoas +60 mediante a recompilación das súas historias de vida nun libro. A recollida dos relatos dos socios e socias realízana eles mesmos a través dunha plataforma dixital desenvolvida por Envita. Trátase dunha experiencia pioneira e innovadora para coñecer e recoñecer as traxectorias e os talentos das persoas maiores a través de historias en primeira persoa.