• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mes do Medio Ambiente en Afundación. Xuño 2026

Cultura Exposicións Cursos e obradoiros Xornadas e conferencias Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mes do Medio Ambiente en Afundación. Xuño 2026
  • 01-06-2026 30-06-2026 Mes do Medio Ambiente en Afundación. Xuño 2026 Entra e toma nota de todas as actividades que propoñemos durante o mes de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Datas:

    1 XUÑ a 30 XUÑ 2026

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

En xuño, celebramos o mes do medio ambiente, pero en Afundación, protexer o contorno natural forma parte da nosa identidade e do noso día a día. O 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente (este ano con Azerbaidján como país anfitrión e os avisos que nos dá o planeta Terra como tema central) e o 8 de xuño o Día Mundial dos Océanos, cuxo lema é «Áreas mariñas protexidas sólidas para o noso planeta azul». Para celebralo, a nosa programación inclúe exposicións, obradoiros, actividades escolares e accións de sensibilización na costa, enmarcadas no noso programa permanente «Educación para a sostibilidade». Protexer o planeta comeza por coñecelo e querelo.

 

ACTIVIDADES NATURNOVA. Centro Interactivo de Educación Ambiental | VIGO

 

Coñece curiosidades do universo, o noso planeta e o medio que nos rodea de maneira lúdica, dinámica e participativa.

6 XUÑ 2026 | Xornada de portas abertas | 17.30 a 20.30 h

5 e 12 XUÑ 2026 | Obradoiro de insectos | 17.00 a 18.30 h

23 e 25 XUÑ 2026 | Obradoiro do eclipse

Ademais, durante todo o ano, Naturnova recibe a visita de centros educativos de toda Galicia cun programa de didácticas escolares adaptado a cada etapa, desde Educación Infantil ata Bacharelato. Se queres reservar unha visita co teu centro, podes facelo aquí.

 

A xornada de portas abertas e os obradoiros de insectos enmárcanse dentro do noso programa solidario Cultura por alimentos, a través do que podes acceder a estas actividades cunha doazón de alimentos non perecedoiros destinados ao banco de alimentos local.

 

EXPOSICIÓNS

 

COMEDY WILDLIFE | A Coruña (ata o 12 de setembro)

COMEDY WILDLIFE (exposición de rúa) | Cedeira (ata o 22 de xuño) e Nigrán (ata o 20 de xullo)

MIÑA NAI! Maternidades e crías no mundo animal | Vigo (ata o 20 de xuño)

OS PARQUES NACIONAIS DE ESPAÑA | Valladolid (ata o 7 de xuño)

 

ACCIÓNS MEDIOAMBIENTAIS PLANCTON. PLAN DE CONSERVACIÓN TERRITORIAL

 

6 XUÑ 2026 | Recollida de lixo nos meandros do río Sar | Padrón-Dodro

6 XUÑ 2026 | Actividade medioambiental no parque agrario de Fuenlabrada | Madrid

9 XUÑ 2026 | Campaña «O mar comeza aquí» | Sanxenxo

13 XUÑ 2026 | Limpeza de fondos mariños | Bouzas-Vigo

15 XUÑ – 15 SET 2026 | Campaña «Goza da praia sen deixar pegada» | Vilagarcía

20 XUÑ – 15 SET 2026 | Campaña de boas prácticas en mercadiños portuarios | Ribeira

30 XUÑ – 15 SET 2026 | Campaña «Goza da praia sen deixar pegada» | O Grove

 

A través de PLANCTON, traballamos para protexer o mar e as comunidades que dependen del. «O mar comeza aquí» é unha campaña que busca evitar que as cabichas e outros residuos cheguen ao océano a través dos sumidoiros. Para iso, intervimos artisticamente os sumidoiros das cidades coa técnica do stencil e lembrámosche que todo o que tiramos á rúa pode acabar no mar. «Goza da praia sen deixar pegada» sensibiliza os turistas que visitan as nosas praias no verán sobre a importancia de compatibilizar o gozo dos areais coas actividades socioeconómicas que neles se desenvolven, como o marisqueo a pé. As limpezas de fondos mariños, pola súa banda, son accións de voluntariado directo para retirar residuos do fondo do mar e contribuír á saúde dos nosos ecosistemas costeiros.

Máis información

 

O programa «Educación para a sostibilidade», primeiro premio nacional de Medio Ambiente de CECA, está presente en todas as áreas de Afundación. O seu obxectivo é achegar o coñecemento ambiental a estudantes de toda Galicia, e faino a través de accións moi diversas: voluntariado en limpezas de areais e replantación forestal, actividades didácticas vinculadas a exposicións, iniciativas que combinan arte e sostibilidade, e educación ambiental en Naturnova, o único centro deste tipo en Galicia.

 

Podes visitar a axenda web e descubrir todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte sobre outras actividades escénicas.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078