Visita guiada á Exposición 'CHEMA MADOZ. La naturaleza de las cosas' - Espazo +60 Santiago
O vindeiro 18 de maio de 2026, de 11:30 a 12:30 horas, a Sede Afundación de Santiago acollerá unha visita guiada á exposición CHEMA MADOZ. A natureza das cousas.
Afastado das clasificacións habituais, Chema Madoz subverte as regras da natureza e deixa voar a súa imaxinación. A través da súa obra, desprega unha ollada poética na que fusiona os reinos animal, vexetal e mineral, dando lugar a un universo propio no que obxectos cotiáns como follas, pólas, nubes, madeiras, plantas, flores ou pedras se transforman en composicións inesperadas.
A actividade é gratuíta, pero require inscrición previa, que poderá realizarse entre o 4 e o 15 de maio no Espazo +60 de Santiago.