Viaxe a Romanía, Espazos +60 Afundación
Romanía, coñecida pola rexión de bosques de Transilvania e rodeada polos montes Cárpatos, amosa ricas cidades medievais conservadas no tempo.
Existen moitas igrexas e castelos fortificados, entre os que destaca o castelo de Bran sobre un acantilado, historicamente asociado coa lenda de Drácula, ou en Bucarest, a capital do país, o Palacio do Parlamento, da época comunista, que se caracteriza polas súas xigantescas dimensións.
Trátase dun país cunha rica historia e cultura que se remonta á época romana. Situado no sueste de Europa, este territorio diverso e fascinante é fogar dunha ampla variedade de paisaxes e actividades culturais.
Romanía é un destino por descubrir!
Do 11 ao 18 de xuño as persoas socias dos Espazos +60 visitarán Romanía.
O 11 de xuño recolleranas nos Espazos +60 e trasladaranas ao aeroporto de Santiago para tomar o voo con destino a Suceava. Chegarán ao aeroporto, recibimento e asistencia polo guía de fala hispana. Trasladaranas ao hotel e despois visitarán a pé a cidade de Suceava. Cea e aloxamento no hotel.
O 12 de xuño día enteiro dedicado á visita dos Mosteiros de Bucovina (patrimonio da UNESCO) con frescos exteriores pintados. Visitarán os seguintes edificios: Sucevita, sólida cidadela de pedra do século XVI coa igrexa da Resurrección, cuxas pinturas exteriores se atopan entre as mellor conservadas. Seguirán co Mosteiro de Moldovita en cuxo recinto fortificado destaca a igrexa de Anunciación; e rematarán con Voronet, a Capela Sixtina de Oriente, cuxas pinturas se proxectan sobre un fondo azul que figura nos catálogos internacionais. Xantar en ruta. Regresarán ao condado de Suceava. Cea e aloxamento no hotel.
O 13 de xuño sairán cara a TARGU MURES, pasando por Paso Borgo, onde o novelista irlandés Bram Stocker situou o Castelo do célebre vampiro Drácula, continuarán a Bistrita. Curta visita a pé polo centro histórico da cidade. Xantar en ruta en restaurante local. Pola tarde, chegarán a Targu Mures. Cea e aloxamento no hotel.
O 14 de xuño realizarán un tour panorámico de cidade Targu Mures, coñecida como a Cidade das rosas. Sairán cara Sighisoara (patrimonio da UNESCO), orixinariamente cidade romana, hoxe en día unha das máis importantes cidades medievais do mundo; no alto dun outeiro, destaca a súa cidadela amurallada, as súas portas e pasaxes secretas, a Torre do Reloxo do século XIV e a casa onde naceu o príncipe Vlad Tepes «O Empalador». Xantar en restaurante local. Continuarán ata Sibiu. Cea e aloxamento no hotel.
O 15 de xuño visitarán a cidade de Sibiu, elixida Capital Europea da Cultura en 2007. Xantar en restaurante local. Pola tarde, visitarán a cidade pola zona vella, coñecendo a súa Praza Maior e a Praza Menor e as catedrais ortodoxa, católica e evanxélica. Continuarán cara o condado de Brasov. Cea e aloxamento no hotel.
O 16 de xuño sairán para visitar esta importante cidade que sorprende pola súa coidada arquitectura e cuxo casco antigo está repleto de monumentos de interese como a Igrexa Negra, o más prestixioso monumento gótico romanés cunha impresionante colección de tapices orientais; o antigo Concello, numerosos palacios que amenizan o paseo pola cidade e o casco antigo (Igrexa de San Nicolás de Schei). Xantar en restaurante local. Continuarán cara a Bran para visitar o seu castelo, fortaleza do século XIV, coñecida internacionalmente grazas ao cinema coma o Castelo de Drácula. O célebre castelo evoca lendas de Vlad Tepes e semella desde lonxe un decorado de película sobre as amplas vistas do val. Regresarán Brasov. Cea e aloxamento no hotel.
O 17 de xuño sairán cara a BUCAREST vía Sinaia, estación estival e invernal, coñecida como A perla dos Cárpatos. Visitarán o Castelo de Peles, construído, en madeira e pedra, no século XIX polo primeiro rei de Romanía Carol I. Este singular edificio foi residencia da familia real romanesa, e conta con máis de 160 habitacións, entre as que destacan a sala de honor, de armas ou a biblioteca. Xantar en restaurante local. Chegarán a Bucarest, cidade pintoresca e tradicional que recorda con orgullo ter sido a capital de Transilvania. Panorámica de Bucarest. Cea de despedida folclórica e aloxamento no hotel.
O 18 de xuño trasladaranas ao aeroporto para sair en voo especial de regreso cara a Santiago. Recollida de equipaxe e traslado aos Espazos +60.
A viaxe, organizada por Ciberviaxes, inclúe:
- Traslados desde os Espazos +60 ao aeroporto de Santiago
- Ida e volta en voo especial clase turista (taxas incluídas) con equipaxe: 6 kg de man e 20 kg en bodega
- Réxime de pensión completa durante toda a viaxe (con bebidas nas comidas: 1 auga, 1 cervexa (cervexa rumana), 1 copa de viño (viño da casa) ou 1 refresco (Pepsi/Cola)
- Aloxamento en hoteis, segundo programa. 4*/ 4* Superior
- Traslados aeroporto/hotel/aeroporto con asistencia en español
- Guía acompañante de fala hispana durante todo o circuíto
- Visitas con entradas:
- Bucarest - Igrexa Stavropoleos
- Sinaia – Castelo de Peles
- Brasov – Igrexa Negra
- Bran – Castelo de Bran
- Sibiu – catedrais ortodoxa, evanxélica e católica
- Sighisoara (Patrimonio da UNESCO) – Museo de Historia dentro da Torre do Reloxo
- Mosteiros Sucevita, Moldovita e Voronet (Patrimonio da UNESCO)
- Auriculares individuais para as visitas
- Cea de despedida folclórica
- Impostos hoteleiros
- Maleteiros
- Propinas
- 1 acompañante de Ciberviaxes e 2 acompañantes de Afundación
IMPORTANTE:
Prezos calculados de acordo co cambio de divisa, carburante e taxas a XANEIRO 2024, pendentes de revisión no momento da emisión.
O importe do seguro non é reembolsable, independentemente das causas ou a antelación coa que se produza unha eventual cancelación.
PREZOS BASEADOS NUN GRUPO DE 40 PAX
- En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 2220€
- En habitación dobre/persoa socia: 2442€
- Suplemento habitación individual: 285€ (a realizar no último pagamento)
*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.
PRAZOS DE PAGAMENTO:
No momento da inscrición: 600€/persoa socia Abanca; 632 persoa socia
Antes do 4 de marzo: 600€/persoa socia Abanca; 620€ persoa socia
Antes do 4 de abril: 600€/persoa socia Abanca; 620€ persoa socia
Antes do 4 de maio: 420€/ persoa socia Abanca; 570€/persoa socia + suplemento habitación individual (285€)
HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARES:
Suceava: Mandachi 4*
Targu: Mures: Hotel Grand 4*
Sibiu: Mercure Arsenal 4*
Brasov: Ramada 4*
Bucarest: CH Bucarest 4*
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN
Ata 60 días antes do comezo da viaxe, sen gastos de anulación
Entre 59 e 44 días, aplicaranse uns gastos do 15% de penalización
Entre 43 e 30 días, aplicaranse uns gastos do 50% de penalización
Entre 29 e 15 días, aplicaranse uns gastos do 75% de penalización
Entre 14 e 0 días, aplicaranse uns gastos do 100% de penalización
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscrición será efectiva unha vez cubra o formulario en liña, desde o 20 de febreiro, ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. Para verificar que a súa inscrición se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe ese correo electrónico, contacte con nós no 698 122 915
As prazas do autobús outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non é socio e quere viaxar con nós pode achegarse a un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Ciberviaxes (Menéndez Pelayo, 12 A Coruña - 981 216 600)