Viaxe a Marrocos e cidades imperiais, Espazos +60 Afundación
PRAZAS CUBERTAS, se cubres o formulario quedarás anotado en lista de agarda.
Marrocos é un lugar fascinante que ofrece unha asombrosa mestura entre elementos propios de Occidente e as tradicións que tiveron lugar desde tempos inmemoriais. É un lugar de medinas, zocos, mesquitas, amplas avenidas, máxicos desertos e fértiles oasis. Nas súas fermosas cidades imperiais (Fez, Marrakech, Meknes e Rabat), poderemos admirar as construcións que foron deixando ao seu paso as diferentes dinastías.
A cultura, a aventura, a axitación dos zocos, a arte do regateo, a tranquilidade baixo o sol nas praias, a exquisita gastronomía e a amabilidade das súas xentes, fan que visitar Marrocos sexa realizar o soño dunha gran viaxe.
Do 12 ao 19 de novembro as persoas socias dos Espazos +60 visitarán Marrocos e as cidades imperiais (Fez, Marrakech, Meknes e Rabat).
O 12 de novembro recolleranas nos Espazos +60 e trasladaranas ao aeroporto de Santiago para embarcar en voo especial directo con destino Marrakech. Chegada ao aeroporto e encontro cos guías locais para poder realizar o traslado ao hotel. Cea e aloxamento.
O 13 de novembro sairán a primeira hora da mañá, visitarán a cidade, chamada "Perla do Sur". A visita comezará nos grandiosos Xardíns da Menara. Posteriormente realizarase unha visita exterior do minarete da Koutobia, irmá xemelga da Giralda de Sevilla. Unha vez dentro da parte semiantiga da cidade, realizarase a visita ao Palacio do Baía, lugar onde poderán ver a distribución dunha antiga construción dunha persoa adiñeirada da cidade. Xantar en restaurante. Seguidamente, realizarán un percorrido camiñando pola auténtica parte antiga da cidade, os zocos e a medina. Tamén visitarán barrios de artesáns de madeira, cerámica, peleteiros, etc. Cea especial, Cea Fantasía Chez Ali, terá lugar ás aforas da cidade, no complexo Chez Ali, formado por tendas kaidales e con actuación de varias troupes folclóricas do país.
O 14 de novembro sairán en autocar para realizar a visita ao Val de Ourika. Este día percorrerán as proximidades do Alto Atlas e poderán vivir a experiencia de visitar unha auténtica casa da zona, de barro e palla onde nos ofrecerán un té á menta e pan elaborado por eles. Xantarán nun restaurante da zona con pratos típicos do lugar. Regresarán á cidade de Marrakech. Cea e aloxamento no hotel.
O 15 de novembro sairán cara a Casablanca, capital comercial de Marrocos. Visitarán os lugares máis interesantes desta cidade tales como a Praza das Nacións Unidas, o Boulevard da Corniche e a Mezquita de Hassan II. Xantar en restaurante. Continuarán cara a Rabat e visitarán o Mausoleo de Mohamed V e as ruínas das Oudayas. Traslado ao hotel, cea e aloxamento.
O 16 de novembro sairán cedo en dirección a Asilah, pobo costeiro do Atlántico, situado a tan só 45 km de Tánxer. Visitarán esta antiga colonia portuguesa. Destaca a súa Alcazaba fronte ao mar e a súa artesanía local. Xantar en restaurante. Continuarán a Tánxer, onde realizarán un percorrido cultural. En primeiro lugar, sairán cara ás Covas de Hércules e o Cabo Espartel, lugar onde se unen o océano Atlántico e o mar Mediterráneo. A Alcazaba, que protexía a cidade do ataque dos piratas, e o Zoco Chico serán algúns dos lugares a visitar. Traslado ao hotel. Cea e aloxamento.
O 17 de novembro sairán cedo en dirección a Fez. Pararán en Chaouen, onde visitarán esta pintoresca cidade, coñecida mundialmente como a vila azul, pola cor das fachadas das súas casas, levantada no século XV por Moulay Rachid contra os ataques dos cristiáns. Xantar en restaurante. Terán tempo libre para camiñar polas súas rúas. Chegarán a Fez á última hora da tarde. Traslado ao hotel, cea aloxamento.
O 18 de novembro realizarán unha visita completa da cidade, considerada a capital relixiosa do país. Fez, fundada no século VIII por Idriss II, está considerada como unha das catro capitais imperiais. Durante esta visita realizarán un percorrido polos lugares máis emblemáticos, os exteriores do Palacio Real e as súas sete portas, o barrio xudeu e a fortaleza que conta coa mellor vista de Fez o Bali, e unha visita da Medina ou cidade antiga, onde farán un percorrido a pé de varias horas, accedendo pola famosa porta de Bab Bou Jeloud e tendo a posibilidade de vivir unha volta ao pasado nunha parte da cidade que aínda vive preto da Idade Media. Xantar en restaurante. Pola tarde seguirán coñecendo centos de rúas labirinticamente organizadas, onde poderán vivir mil olores e sabores, neste lugar considerado como Patrimonio da Humanidade. Cea especial nun auténtico Palacio Árabe na Medina de Tánxer, un palacio restaurado e convertido en restaurante. Gozarán de diferentes pratos da gastronomía marroquí con diferentes actuacións en vivo. Regreso ao hotel e aloxamento.
O 19 de novembro, día libre ata a hora de realizar o traslado ao aeroporto para, tras os trámites de facturación, saír en voo especial directo con destino a Santiago de Compostela. Chegada do voo ao aeroporto de Santiago e traslado aos Espazos +60.
A viaxe, organizada por Nautalia, inclúe:
- Traslados desde os Espazos +60 ao aeroporto de Santiago e viceversa
- Billetes de avión en voos charter Santiago/Marrakech/Fez/Santiago
- Voos previstos e aproximados (suxeito a cambios) en horas locais:
- 12/11 SANTIAGO DE COMPOSTELA – MARRAKECH 10:30 – 11:40 h
- 19/11 FEZ – SANTIAGO DE COMPOSTELA 11:05 – 14:00 h
- Unha maleta facturada e unha bolsa de man en cabina por persoa
- Taxas de aeroporto vixentes a día de hoxe (150 €)
- Aloxamento nos hoteis indicados, categoría 4* superior en habitación dobre estándar
- Réxime de pensión completa durante toda a viaxe con bebidas nos xantares (unha auga ou refresco, ou unha cervexa ou copa de viño por persoa/servizo)
- 7 comidas en restaurantes locais
- Transporte en autobús climatizado
- Guía acompañante en español durante todo o percorrido
- Visitas incluídas mencionadas no itinerario
- Entradas ao Palacio Baía en Marrakech e a Medersa Bounania en Fez
- Cea especial Fantasía en Marrakech
- Cea especial de despedida con espectáculo
- 1 guía acompañante de Nautalia Viajes e 2 acompañantes de Afundación
- Audioguías individuais para as visitas
- Maleteiros nos hoteis
PREZO BASEADO NUN GRUPO DE 40 PASAXEIROS
En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 1795€
En habitación dobre/persoa socia: 1975€
Suplemento habitación individual: 380€ (máximo 5 habitacións individuais)
*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.
PRAZOS DE PAGAMENTO
No momento da inscrición: 445€ persoa socia Abanca; 500€ persoa socia
Antes do 10 de agosto: 450 persoa socia Abanca; 495€ persoa socia
Antes do 10 de setembro: 450 persoa socia Abanca; 490€ persoa socia
Antes do 10 de outubro: 450 persoa socia Abanca; 490€ persoa socia
IMPORTANTE
- Prezos calculados tendo en conta o cambio de divisa, carburante e taxas a xaneiro de 2024, pendentes de revisión no momento da emisión.
- O importe do seguro de viaxe non é reembolsable, independentemente das causas ou a antelación coa que se produza unha eventual cancelación.
HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARES
- 3 noites en Marrakech 4*SUP Palm Plaza
- 1 noite en Rabat 4* SUP Helnan Chellah
- 1 noite en Tánxer 4* SUP Dixil Garden
- 2 noites en Fez 4* SUP Royal Mirage
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN
- Desde o momento da inscricion e ata 120 días antes: 200€
- 120 días ata 90 días antes da saída: 400€
- 89 días ata 45 días antes da saída: 800€
- 44 días ata 31 días antes da saída: 1.200€
- 30 días e ata o día da saída: 100% do importe da viaxe
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
A inscrición será efectiva unha vez cubra o formulario en liña, desde o 20 de febreiro ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. Para verificar que a súa inscrición se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe ese correo electrónico, contacte con nós no 698 122 915.
As prazas do autobús outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non é socio e quere viaxar con nós, pode achegarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Nautalia (Durán Loriga, 2 - A Coruña - 981 117 659)