Viaxe á Costa Brava e sur de Francia, Espazos +60 Afundación
Viaxar á Costa Brava e ao sur de Francia pode ser unha experiencia encantadora, xa que ambas as rexións ofrecen unha combinación de beleza natural, historia, cultura e gastronomía.
Pequenas calas rodeadas de cantís rochosos conforman gran parte da paisaxe da Costa Brava, o tramo litoral máis agreste de Cataluña, que se estende ao longo de 214 km desde Portbou ata a desembocadura do río Tordera, preto de Blanes, cun mar azul que, canto máis ao norte, máis bravo se presenta. Esta costa, amada e inmortalizada por pintores e escritores como Salvador Dalí ou Josep Pla, garda recantos senlleiros como a illada localidade de Cadaqués, célebre pola súa vinculación co propio Dalí; o golfo de Roses, sempre atento ao canto dos paxaros que aniñan no Parc Natural dels Aiguamolls de l’Empordà, unha das zonas húmidas máis importantes da Península Ibérica; o arquipélago das Illes Medes, cun fondo submarino que semella extraído dunha reportaxe do malogrado Jacques Custeau; ou Begur, localidade de aire medieval. Pero a Costa Brava é moito máis que a suma das súas paisaxes e localidades, pois nas súas praias cada verán se celebran actividades acuáticas de todo tipo e o número de restaurantes de calidade, cuxas cartas se nutren da mellor cociña mariñeira e das típicas receitas empordanesas, medra día a día.
Os tellados ocres e as igrexas de ladrillo valéronlle a Toulouse o sobrenome de "La Ville Rose" (A cidade rosa). O seu encantador Vieux Quartier (barrio antigo) é unha fermosa mestura de igrexas e escaparates de cor coral. Alén do barrio antigo, Toulouse esténdese ata se converter na cuarta metrópole máis grande de Francia. É un lugar animado e axitado, pero Toulouse, situada entre un relanzo do río Garona e a impoñente canle du Midi, vese revitalizada polas súas vías fluviais.
Situada no sur de Francia, na rexión do Languedoc, a cidade medieval de Carcassone é unha sólida edificación cunhas murallas que datan dos séculos III e IV. Para acceder a ela hai que pasar pola espectacular Pont Vieux, construída no século XIV e que é a ponte que atravesa o río Aude. Vista desde lonxe, a ponte resulta unha construción magnífica, ademais de ser un lugar privilexiado no que podemos gozar dunha excelente vista da fortaleza.
Desde a ponte albíscase a cara máis occidental da construción, onde ae atopa a porta do Aude. Esta é unha das zonas de acceso máis complexas ao recinto, protexida por unha barbacá, un encantador castelo e un importante matacán. Porén, a entrada principal que usamos para acceder ao interior da cité é a coñecida porta de Narbona; un momento importante da visita.
Comeza a nosa aventura.
Do 25 ao 30 de setembro as persoas socias dos Espazos +60 visitarán Costa Brava e o sur de Francia.
O 25 de setembro sairán dos diferentes Espazos +60 en autobús dirección ao aeroporto de Vigo, que será o punto de encontro do grupo. Tras breves trámites de facturación no mostrador de Vueling collerán o voo directo a Barcelona: Vigo - Barcelona: 08.40 - 10.25 h Chegarán a Barcelona, onde un autocar estará agardándoos para realizar unha panorámica da cidade con guía, e ver os lugares máis importantes da cidade. Xantarán en restaurante e posteriormente, trasladaranos a Girona. Cea e aloxamento no hotel.
O 26 visitarán Cadaqués, coñecido por ser residencia de Salvador Dalí, que conta con todo tipo de atractivos como os seus cantís, as súas coquetas calas, o seu porto pesqueiro tradicional, as súas casas con fachadas brancas e teitos de tella, e a súa formidable gastronomía. Xantarán en restaurante. Pola tarde visitarán o magnífico mosteiro de San Pedro de Roda (entrada incluída), unha xoia do románico catalán situado na montaña de Verdera con fermosas vistas sobre o porto de Port de la Selva e a chaira do Empordán. Cea e aloxamento no hotel.
O 27 visitarán Girona con guía local. O seu centro histórico contén todo o patrimonio artístico máis relevante da cidade e está cercado por inmensos lenzos de muralla que se poden percorrer polo Passeig da Muralla, cun fermoso miradoiro sobre a cidade. É de especial interese o Barri Vell, un dos centros históricos máis evocadores de Cataluña, con elementos únicos en Europa: muralla carolinxia, o barrio xudeu e a grandiosidade da nave gótica da catedral, a máis ancha do mundo. Ten tamén seis museos que posúen un fondo patrimonial de grande interese. Regresarán ao hotel e xantar. Pola tarde visitarán Figueres, capital da comarca do Alto Empordá. Entre o seu patrimonio atópanse as vellas murallas medievais e o castelo de Sant Ferran, así como abundantes exemplos de arquitectura modernista e neoclásica espallados por toda a cidade. Pero Figueres é coñecida principalmente polo Museo Dalí (entrada incluída), coñecido como "Teatro Museo Dalí" e deseñado polo propio artista, que recolle unha ampla mostra da obra do xenial artista. A continuación, visita da localidade de Besalú, antiga cidade condal e hoxe encantadora poboación medieval situada na contorna natural da comarca de La Garrotxa. Accederemos a ela a través da súa emblemática ponte sobre o río Fluviá. Un paseo polo seu centro histórico trasladaraoos a un pasado que permaneceu case inalterado desde a Idade Media. Tamén visitarán a xudería, a muralla, os exteriores da igrexa de San Pedro e de San Vicente. Cea e aloxamento no hotel.
O 28 sairán cara a Pals, concello eminentemente dedicado ao turismo, aínda que boa parte do territorio se dedica ás colleitas de secaño e arrozais. Os seus bosques de piñeiro manso e de piñeiro branco esténdense ata as proximidades do macizo de Begur, ao sur do concello. A continuación, visitarán Begur, que mantén un importante pasado histórico que se remonta á prehistoria. Encontráronse importantes restos que confirman a antigüidade do seu núcleo como asentamento humano, importante durante a época feudal. O castelo de Begur é o símbolo máis emblemático desta época. Regreso ao hotel para o xantar. Pola tarde visitarán Roses e Empuriabrava, tamén coñecida como a Venecia da Costa Brava polos seus 24 km de canles navegables. Cea e aloxamento no hotel.
O 29 realizarán unha visita con guía local a Carcassone. Con 2500 anos de historia, esta cidade ten o privilexio de posuír dous monumentos inscritos na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO: a canle du Midi (que forma parte da canle dos Dous Mares, que une o Atlántico e o Mediterráneo) e a cidade medieval. Poderán coñecer a cidade medieval, co seu magnífico castelo condal (entrada incluída) e a basílica de Saint-Nazaire, de orixe románica e que foi a antiga catedral de Carcassone. Despois de xantar visitarán Toulouse con guía local, un dos grandes centros artísticos franceses. Situado xunto ao río Garona e atravesada pola canle du Midi, poderán percorrer o seu centro histórico e visitar o capitolio, o impresionante edificio que alberga o Concello. A cidade conta cun abundante patrimonio arquitectónico, onde destacan a basílica de Saint-Sernin, o convento dos xacobinos e a catedral de Saint-Étienne, entre moitos outros. Cea e aloxamento.
O 30 sairán do hotel dirección aeroporto de Toulouse para coller o voo coa compañía Iberia para Madrid e Madrid - A Coruña.
TOULOUSE - MADRID 09.20 10.40
MADRID - A CORUÑA 11.40 13.00
Chegarán ao aeropuerto de A Coruña, recollerán as maletas e trasladaranos a aos Espazos +60.
A viaxe, organizado por Viajes Embajador, inclúe:
- Estancia de 4 noites no Hotel Carlemany 4* en Girona
- Estancia dunha noite no Hotel Palladia 4* de Toulouse
- Autocar durante todo o percorrido
- Réxime de pensión completa, con auga, copa de viño, cervexa ou refresco nos xantares e ceas (xantares en hoteis ou restaurantes)
- Café ou té en xantares e ceas
- Guía local 2 horas e ½ en Girona
- Guía local 2 horas e ½ en Carcassone
- Guía local 2 horas e ½ en Toulouse
- Guia local 2horas e ½ en Barcelona
- Entrada ao mosteiro de San Pedro de Roda
- Entrada ao Museo Dalí
- Audioguías para as visitas con guía local
- Taxas de estancia en Cataluña e Francia incluídas
- 1 guía correo de Viajes Embajador e 2 acompañantes de Afundación
PREZOS (baseados nun grupo de entre 34-45 pasaxeiros):
- En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 1479€
- En habitación dobre/persoa socia: 1630€
- Suplemento en habitación individual: 275 € (5 habitacións individuais)
*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.
PRAZOS DE PAGAMENTO:
No momento da inscrición: 493 € para persoas socias Abanca e 550 € para persoas socias
Antes do 31 de maio: 493 € para persoas socias Abanca y 540 € para persoas socias
Antes do 2 de setembro: 493 € para persoas socias Abanca e 540 € para persoas socias + suplemento habitación individual (275€)
HOTEIS PREVISTOS:
Girona: Hotel Carlemany 4*
Tolouse: Hotel Palladia 4*
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN:
Ata 60 días antes: penalización de 400€/por persoa
59-30 días antes: penalización de 700€/por persoa
30-15 días antes: penalización de 1200€/por persoa
Dentro dos 14 días previos á viaxe: penalización de 100% de gastos
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscrición será efectiva unha vez cubra o formulario online, desde o 20 de febreiro ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. Para verificar que a súa inscrición foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe ese correo electrónico contacte con nós no 698 122 915.
As prazas do autobús outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non es socio ou socia e queres viaxar con nós, podes pasarte por un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Viajes Embajador (Praza de Galicia, 6, baixo - A Coruña 981 210 486).