Viaxe a Canadá, Espazos +60 Afundación
Canadá, o Gran Norte. Terra de lagos, montañas e bosques laurentinos. Cidades señoriais, cosmopolitas e eclécticas. Sublime natureza en estado puro.
O 19 de setembro recollerán aos pasaxeiros nos Espazos +60 e trasladaranos ao aeroporto de Porto para embarcar en voo regular directo con destino a Toronto. Chegada ao aeroporto de destino e, unha vez recollida a equipaxe, encontraranse co guía local para realizar o traslado ao hotel. Tempo libre. Aconsellamos visitar o barrio do Entertainment, entre as rúas King e Queen, que neste momento é o lugar de lecer nocturno máis dinámico en Toronto e o luxoso barrio de Yorkville onde están as tendas de luxo, ou o porto de Toronto que adquire particular vida pola tarde. Paseo a pé no centro de Toronto. Cea e aloxamento.
O 20 de setembro, despois do almorzo, visitarán Tornonto, a maior cidade de Canadá e capital da provincia de Ontario: o centro financeiro, o antigo e novo concello, a avenida University cos seus hospitais máis importantes e institucións tradicionais, o Parlamento provincial, o distinguido barrio Yorkville coas súas tendas elegantes , o barrio chinés -segundo en importancia de Canadá-. Pararán para admirar a Torre CN, a estrutura independente máis alta do hemisferio occidental cos seus orgullosos 553.33 metros visitada por máis de 2 millóns de persoas cada ano. Xantar. Na tarde pasearán en barco polo lago Ontario (1 hora) onde poderán admirar unha vista panorámica da cidade. Cea e aloxamento.
O 21 de setembro, despois do almorzo, sairán para Niágara-on-the-Lake, chamada a cidade máis fermosa de Ontario que foi capital do Alto Canadá a partir de 1792 e que nas súas orixes foi poboada por colonos americanos. Pararán para percorrer a rúa principal. Continuarán a Niágara polo camiño panorámico que bordea o río do mesmo nome. Alí agárdarannos as maxestosas e famosas cataratas que abraiarán co seu impresionante caudal de auga e que son unha das maiores atraccións en Norteamérica. Paseo no barco Hornblower para ver as cataratas de preto. Xantarán en Skylon Tower. Pararán no Table Rock para observar estas marabillosas cataratas. Chegarán ao hotel en Niágara Falls. Cea en Niágara e camiñada para ver as cataratas iluminadas. Aloxamento.
O 22 de setembro sairán temperá pola Transcanadiense cara a Ottawa. Xantarán de camiño. A rexión de 1000 Illas é unha das máis fermosas e románticas do país, onde tomarán unha excursión dunha hora en barco para admirar estas illas e as súas mansións e curiosidades no nacemento do río San Lorenzo. Continuarán cara á capital do país que sorprenderá pola fermosa arquitectura e xeografía na marxe do río Ottawa. Ao chegar comezarán a visita panorámica da cidade: a catedral, a residencia do primeiro ministro, do gobernador-xeral que representa á Raíña Elizabeth II, a canle Rideau bordeada de fermosas mansións xardíns con flores multicolores. Aloxamento e cea.
O 23 de setembro, despois do almorzo, sairán cara á capital da provincia homónima, Quebec. Atravesarán o río Ottawa para chegar á provincia de Quebec e cara aos montes Laurentinos, cheos de lagos e montes que son o paraíso das actividades ao exterior. De camiño visitarán unha plantación de pradairos onde se produce a mel de pradairo con métodos tradicionais e onde terán un xantar típico de leñadores incluído. Continuarán cara a Quebec. Ao chegar comezarán a visita panorámica da cidade máis antiga do país, a cidade amurallada, a parte alta baixa, a praza de Armas, a praza Royal, o Parlamento da provincia. Aloxamento e tempo libre. Cea e aloxamento.
O 24 de setembro, despois do almorzo, visitarán a Costa de Beaupré (7 horas), unha excursión na que poderán coñecer a encantadora illa de Orleans, onde poderán observar a ebulición destes produtores agrícolas e as súas localidades, a Costa de Beaupré co seu camiño real e as súas casas rurais, o magnífico canón de Santa Ana coa súa fermosa fervenza nun decorado natural. As cataratas Montmorency que, cos seus 83 metros de altura, son máis altas que o Niágara onde montarán no funicular que os levará á parte alta. Xantarán no Manoir Montmornecy. Regresarán ata Quebec e terán un pouco de tempo libre. Cea e aloxamento.
O 25 de setembro, despois do almorzo, dirixiranse cara a Montreal, cidade que se fixo un nome no medio da moda e coñecida pola súa fina gastronomía e vida nocturna. Comezarán a visita desta vibrante cidade, segunda maior urbe de lingua francesa no mundo: o complexo olímpico (parada fotográfica), a rúa St-Laurent -a principal da cidade cos seus restaurantes con pratos do mundo enteiro-, o barrio da Milla Cadrada de Ouro de Montreal onde se atopa hoxe a famosa universidade de McGill, o parque do Monte Real, favorito dos residentes da cidade, onde se atopa o lago dos castores, e onde farán unha parada fotográfica no miradoiro dos namorados. De camiño ao Vello Montreal verán o barrio Le Plateau Mont Royal que é hoxe un dos máis populares. A praza de Armas, testemuña da evolución arquitectónica do lugar cos seus edificios de diferentes épocas, e onde se atopa a basílica de Notre Dame de Montreal. A praza Cartier e o concello de Montreal. Xantarán durante a visita da cidade. Check in no hotel. Cea e aloxamento.
O 26 de setembro, despois do almorzo, visitarán a pé o vello Montreal, con xantar. Breve tempo libre para realizar compras ata a hora de saída ao aeroporto para coller o voo de saída con destino a Porto. Cea e noite a bordo.
O 27 de setembro chegarán ao aeroporto de Porto e, tras a recollida de equipaxes, trasladaranse aos Espazos +60.
A viaxe, organizada por Nautalia, inclúe:
- Traslados desde os Espazos +60 ao aeroporto de Porto e viceversa
- Billetes de avión en voos regulares Porto/Montreal e Toronto/Porto
- 19/09/24 Porto - Toronto 13.30 - 16.25 h
- 27/09/24 Montreal - Porto 19.40 - 7.00 +1* (Llegada a Portugal (hora local peninsular) ao día seguinte da súa partida de Toronto
- Unha maleta facturada por persoa
- Taxas de aeroporto vixentes a día de hoxe
- Aloxamento nos hoteis en habitación dobre
- Réxime de aloxamento e almorzo no hotel
- 7 almorzos no hotel
- 7 xantares e 7 ceas
- Bebidas incluídas: auga ou 1 copa de viño ou 1 cervexa ou 1 refresco por persoa e servizo
- Visita de cidade en Toronto, Niágara, Ottawa, Québec e Montreal
- Excursións: paseo en barco Hornblower, paseo en barco Toronto, paseo en barco en 1000 illas, visita cabana de azucre, cataratas Montmorency, canón Sainte Anne e basílica Sainte Anne
- Guía de fala hispana para as excursións en destino
- Propinas obrigatorias
- Audioguías individuais para as visitas
- Maleteiros nos hoteis
- 1 guía acompañante de Nautalia Viajes e 2 acompañantes de Afundación
IMPORTANTE:
A orde do itinerario pode ser modificado sen previo aviso, así como a orde das visitas sen que isto altere o contido do programa, respectándose integramente este.
Prezos calculados en base ao cambio de divisa, carburante e tasas a XANEIRO 2024, pendentes de revisión no momento da emisión.
É responsabilidade dos clientes xestionar a autorización de entrada a Canadá. Deberán acceder vía Internet a dita autorización na páxina web (http://www.cic.gc.ca/english/visit/eta.asp) e encher o formulario. É válido durante 5 anos ou a data de caducidade do pasaporte (o que aconteza primeiro). Ten un custo aproximado duns 5 euros por persoa.
O importe do seguro non é reembolsable, independentemente das causas ou a antelación coa que se produza unha eventual cancelación.
PREZOS BASEADOS NUN GRUPO DE 40 PAX
- En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 4450€
- En habitación dobre/persoa socia: 4895€
- Suplemento habitación individual: 1112€ (a realizar no último pagamento)
*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.
PRAZOS DE PAGAMENTO:
No momento da inscrición: 1120€/persoa socia Abanca; 1235€ persoa socia
Antes do 21 de xuño: 1110€/persoa socia Abanca; 1220€ persoa socia
Antes do 21 de xullo: 600€/persoa
Antes do 21 de agosto: 1110€/ persoa socia Abanca; 1220€/persoa socia + suplemento habitación individual (1112€)
HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARES:
- Toronto: 4* Chelsea Hotel (2 días)
- Niágara: 4* Wyndham Fallsview Hotel (1 día)
- Ottawa: 4* Sheraton Ottawa (1 día)
- Quebec: 4* Hilton Quebec* (2 días)
- Montreal: 4* Marriott Chateau Champlain (2 días)
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN:
Ata 120 días antes da saída: 500€
Desde 120 días ata 90 días antes da saída: 800€
Desde 89 días ata 45 días antes da saída: 1.800€
Desde 44 días ata 31 días antes da saída: 2.900€
Desde o día 30 e ata o día da saída: 100% do importe da viaxe
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscrición será efectiva unha vez cubra o formulario en liña, desde o 20 de febreiro, ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. Para verificar que a súa inscrición se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe ese correo electrónico, contacte con nós no 698 122 915
As prazas do autobús outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non é socio e quere viaxar con nós, pode achegarse a un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Nautalia (R/Durán Loriga, 12 - A Coruña - 981 117 659)