Viaxe a Berlín, Espazos +60 Afundación
PRAZAS CUBERTAS, se cubre o formulario quedará anotado na lista de agarda, chamarémoslle se queda algunha praza libre.
Berlín, capital alemá, data do século XIII. Os elementos que lembran a turbulenta historia da cidade no século XX inclúen o monumento do holocausto e os restos do muro de Berlín con graffitis. Despois de dividirse durante a guerra fría, a porta de Brandeburgo do século XVIII converteuse nun símbolo da reunificación. A cidade é coñecida polo seu ambiente artístico e os sitios xeográficos modernos, como a filharmónica de Berlín, construída en 1963, de cor dorada e cun deseño de paneis que se desprenden do seu teito.
Do 18 ao 22 de maio as persoas socias dos Espazos +60 viaxarán a Berlín.
O 18 de maio recolleranas nos Espazos +60 e trasladaranos ao aeroporto de Santiago para embarcar en voo regular, vía Madrid, con destino a Berlín. Chegarán ao aeroporto de destino, encontraranse co guía local e trasladaranas ao hotel. Comezarán cunha visita panorámica, onde sen dúbida a construción que máis marcou a vida da cidade foi o seu muro. Tamén verán os edificios máis representativos: o concello vermello, a ópera de Berlín, a porta de Brandeburgo… Regreso ao hotel. Cea e aloxamento.
O 19 de maio adentraranse no famoso barrio xudeu, remontándose ao século XIX, onde verán un anaco de historia desta cidade cosmopolita. O Scheunenvierte, cambia o seu nome a barrio xudeu, debido a que esta comunidade o habitou amplamente ata a II guerra mundial. Cada recanto e rúa, a cada paso, sorprenderanos. Almorzo e pola tarde visitarán o palacio de Charlottenburg, antiga residencia prusiana, onde toda a súa estrutura é un museo ao aire libre. Visitarán as súas salas, as súas estancias e, como non, os seus impresionantes xardíns. Despois da visita e, para nos relaxar un pouco, tomarán unha cervexa típica alemá, para gozar desta bebida nacional. Traslado ao hotel. Cea e aloxamento.
O 20 de maio coñecerán un dos lugares claves na resolución da guerra. Comezarán pola ponte dos espías, símbolo inequívoco de Alemaña, en tempos da guerra fría. Continuarán coa visita do Neus Palais, construción palaciana grandiosa e esplendorosa de Federico o Grande, onde escoitarán entre murmurios as conversas dos invitados de alto rango. Non se irán de alí sen ver os seus impresionantes xardíns. Achegaranse ás inmediacións do palacio Cecilienhof, alí explicaranlles como as potencias vitoriosas da II guerra mundial, cos seus mandatarios, fixan a orde política e territorial de Alemaña e Europa. Xantar. Para rematar con este día impresionante, achegaranse á cidade de Postdam, cuxo centro e construcións recordan un conto de fadas. Regreso a Berlín. Cea e aloxamento.
O 21 de maio terán un día intenso de emocións. Visitarán o campo de concentración de Sachsenhausen, construído polos nazis en 1936 para confinar os opositores políticos, xudeus, xitanos, homosexuais, e posteriormente tamén prisioneiros de guerra, militares e funcionarios do III Reich. Xantar e, de regreso a Berlín, darán un paseo en barco, para poder gozar doutra perspectiva da cidade, para rematar subindo á torre de Berlín, punto de encontro de mozos, adultos e turistas. Subirán ata o miradoiro que se atopa a uns 204 metros de altura. Desde aquí poderán contemplar unhas vistas marabillosas e un plano xeral da cidade. Rematarán o día ceando nunha típica taberna alemá e degustarán os seus manxares típicos acompañados dunha cervexa. Aloxamento no hotel.
O 22 de maio, pola mañá, irán coa guía á avenida máis popular de Berlín. Esta ampla avenida mide 1,5 quilómetros e é a máis popular de Berlín, con permiso da avenida Kurfürstendamm. Nela verán un dos edificios máis importantes da cidade, como o edificio da Nova Garda, a Biblioteca Estatal, a Universidade Humboldt de Berlín, o Museo Histórico Alemán e o famoso Hotel Adlon Kempinski. É unha grande arteria comercial en Berlín, onde poderán realizar as últimas compras antes de facer o traslado ao aeroporto para, tras os trámites de facturación, saír en voo regular (vía Madrid) con destino a Santiago de Compostela. Chegada do voo ao aeroporto de Santiago e, tras a recollida de equipaxes, traslado aos Espazos +60.
A viaxe, organizada por Nautalia, inclúe:
- Traslados desde os Espazos +60 ao aeroporto de Santiago e viceversa
- Billetes de avión en voos regulares Santiago/Madrid/Berlín/Madrid/Santiago
- Horarios previstos e aproximados (suxeitos a cambios)
- 19/05/2024 SANTIAGO DE COMPOSTELA – MADRID 09.15 – 10.35h MADRID – BERLÍN 11.25 – 14.30h
- 22/05/2024 BERLÍN – MADRID 11.25 – 14.35h MADRID – SANTIAGO DE COMPOSTELA 15.50 – 17.05h
- Unha maleta facturada por persoa
- Taxas de aeroporto vixentes a día de hoxe
- Aloxamento nos hoteis indicados ou similares en habitación dobre estándar
- Réxime de aloxamento e almorzo no hotel
- Xantares e ceas en restaurantes
- Bebidas incluídas: auga ou 1 refresco ou 1 cervexa ou 1 copa de viño por persoa e servizo
- Guía de fala hispana para as excursións en destino
- Visitas e excursións detalladas
- Audioguías individuais para as visitas
- Maleteiros nos hoteis
- 1 guía acompañante de Nautalia Viajes e 2 acompañantes de Afundación
PREZOS BASEADOS NUN GRUPO DE 40 PASAXEIROS
En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 1790€
En habitación dobre/persoa socia: 1969€
Suplemento habitación individual: 250€ (máximo 5 habitaciós individuais)
*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.
PRAZOS DE PAGAMENTO
No momento da inscrición: 470€ prezo socio Abanca, 529 prezo socio
Antes do 17 de marzo: 660€ prezo socia Abanca; 720€ prezo socio
Antes do 17 de abril: 660€ prezo socio Abanca; 720 € prezo socio
IMPORTANTE
A orde do itinerario pode ser modificado sen previo aviso, así como a orde das visitas sen que isto altere o contido do programa, respectándose integramente este.
Prezos calculados de acordo co cambio de divisa, carburante e taxas a XANEIRO 2024, pendentes de revisión no momento da emisión.
O importe do seguro non é reembolsable, independentemente das causas ou a antelación coa que se produza unha eventual cancelación.
HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARES
- Catalonia Berlin Mitte 4*
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN
Ata 60 días antes da saída: 300€
Desde o día 59 ata 45 días antes da saída: 500€
Desde o día 44 ata 31 días antes da saída: 900€
Desde o día 30 e ata o día da saída e o do 100% do importe da viaxe
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
A inscrición será efectiva unha vez cubra o formulario en liña, desde o 20 de febreiro, ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. Para verificar que a súa inscrición se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe ese correo electrónico, contacte con nós no 698 122 915
As prazas do autobús outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
Se aínda non é socio e quere viaxar con nós, pode achegarse a un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Nautalia (Durán Loriga, 13 - A Coruña - 981 117 659)