• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

The Rebel (O Rebelde). Ferrol

Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
The Rebel (O Rebelde). Ferrol
  • 25-05-2017 25-05-2017 The Rebel (O Rebelde). Ferrol Proxección e coloquio co produtor e director da primeira ópera-rock feita en Galicia. Sede Afundación Ferrol Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Ferrol

    Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)

  • Datas:

    Xoves 25 de maio de 2017

  • Horario:

    20.30 h

Mercar

O 25 de maio a Sede Afundación de Ferrol acolle a proxección e posterior charla-coloquio co produtor e director de The Rebel (O Rebelde), a primeira ópera-rock feita en Galicia, onde se mestura música, teatro, danza e cinema. 

Entradas en ataquilla.com

The Rebel (O Rebelde) xira en torno á figura de Pàdraig Pearse (interpretado maxistralmente por Fernando Dacosta, nomeado en seis ocasións aos premios de teatro María Casares, acadando tres deles), poeta, mestre, avogado e líder do Alzamento de Pascua en Irlanda. Tras ler a declaración de independencia nas escaleiras da oficina postal de Dublín, Pearse é apresado e condenado nun consello de guerra a pena de morte por fusilamento xunto co seu irmán William (interpretado por Javier Octavio de Toledo), que deixa unha vida de artista en París para loitar a carón do seu irmán, e outros integrantes do movemento. Os dous poemas máis importantes de Pàdraig Pearse foron feitos desde a súa cela a escasas horas do seu fusilamento, un dedicado a súa nai e outro á beleza da vida.

Aínda que naquel momento os irmáns Pearse loitaron por unha causa perdida, plantan a semente para que, anos despois, a súa nai (Mela Casal) consiga, a través das urnas, o recoñecemento polo que os seus dous fillos perderon a vida.

O personaxe de Pàdraig interactúa co público nas pezas teatrais, dirixidas por Elena Seijo (integrante de Sarabela Teatro), e convive tamén no escenario coas bailarinas integrantes do grupo Irish Treble ou co propio cantante Iván Caride. Un espectáculo con historia onde a emotividade e a empatía co protagonista se fan evidentes.

Tanto a música coma o show parte da paixón de Miguel e Iván Caride, que conseguen transportarnos a través das súas composicións a unha época, un lugar e un momento, acompañados por unha banda de músicos excepcionais e grandes profesionais en cada unha das disciplinas. A rodaxe da curtametraxe foi feita integramente en Galicia, concretamente no Mosteiro de Oseira (Ourense), na costa de Loiba (A Coruña) e en Goiáns (Pontevedra), emulando as paisaxes e localizacións orixinais de Irlanda e París a comezos de século. 

O espectáculo foi bendito polo propio embaixador de Irlanda en España, Mr. David Cooney, e está incluído no libro conmemorativo do centenario do Alzamento. Incluso Enda Kenny, o primeiro ministro de Irlanda, é coñecedor desta ópera-rock.

  

Duración da proxección: 72 min.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078