Teatro familiar «Cousas de catro» con Odaiko. Santiago de Compostela
«Cousas de catro», o novo espectáculo de Odaiko Percussion Group, aterra no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela co gallo do proxecto cultural Sonoro empeño. Unha obra músico-teatral para público infantil a partir dos 3 anos. Terá lugar no edificio da rúa do Preguntoiro o domingo 12 de maio.
Colle as túas entradas en Ataquilla.com!
Esta actividade forma parte do proxecto cultural Sonoro empeño, unha proposta que ofrece distintas alternativas de lecer, combinando música e pintura. Concertos, obradoiros infantís, performance, encontros, degustacións culinarias e, presidindo a oferta, a imperdible mostra «Sonoro Empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación».
Infórmate aquí polo miúdo de toda a programación.
Prezo: 5 €
A partir de 3 anos
Duración 60 min
Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e moita improvisación e efecto sorpresa son a base deste espectáculo. Catro van ser os elementos que definan «Cousas de catro» que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que o camiño da creación continúe espertando.
SONORO EMPEÑO
Arte e música danse a man na capital galega, e transforman o Centro Obra Social ABANCA e o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela nun potente, dinámico e sonoro altofalante.
O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. A partir do 25 de marzo.
Coñece aquí toda a programación!