Aquí comemos todos! Obradoiro de cociña infantil en Santiago
Deliciosas receitas sen glute, sen lactosa e sen ovo, porque tod@s temos dereito a gozar de pratos saborosos! Neste obradoiro botaremos man de ingredientes que todos temos nas nosas casas para elaborar deliciosos menús aptos para todos.
O obradoiro estrutúrase en dúas xornadas de dúas horas cada unha, en que elaboraremos:
- Tomates recheos
- Biscoito de plátano e chocolate
- Espaguete de cabaciña con bonito e pesto vermello
- Madalenas de mazá e canela
DATA E HORA:
Sábado 27 de febreiro de 11.30 a 13.30 h.
Sábado 5 de marzo de 11.30 a 13.30 h.
LUGAR: Sede Afundación de Santiago de Compostela
MATRÍCULA: 25 € (Máximo 12 participantes de 5 a 12 anos)
Xa te podes inscribir en Ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 ou na nosa sede (Rúa do Vilar, 19).
Afundación resérvase o dereito a anular o curso o día antes se non se acada o número mínimo de participantes establecido. Para os cursos que comecen en luns avisarase en venres, cunha antelación de tres días.