• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto de Samuel Diz coa mezzosoprano Marta Knörr. Santiago de Compostela

Cultura Concertos Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto de Samuel Diz coa mezzosoprano Marta Knörr. Santiago de Compostela
  • 21-06-2019 21-06-2019 Concerto de Samuel Diz coa mezzosoprano Marta Knörr. Santiago de Compostela O músico tráenos neste recital un percorrido pola música para guitarra do s. XX vinculada a Galicia e á arte, de compositores coetáneos de artistas plásticos. No marco do proxecto cultural Sonoro empeño Centro Obra Social ABANCA Praza de Cervantes, s/n. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Centro Obra Social ABANCA

    Praza de Cervantes, s/n. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    21 de xuño 2019

  • Horario:

    19.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

O nome do proxecto sobre o que se encadra este concerto de Samuel Diz canda a mezzosoprano Marta Knörr, Sonoro empeño, vén collido dun verso de Rafael Alberti. Samuel Diz é investigador da Xeración do 27 á que pertence o escritor, polo que a súa achega con este recital é moi acaída á nosa proposta cultural en torno á mostra «Sonoro Empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación». O artista estará interpretando a obra Metamorfosis del clavel do compositor Gustavo Pittaluga, amais doutras, o venres 21 de xuño no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela. 

 

Entrada de balde ata encher a capacidade! Previa inscrición aquí.

 

Metamorfose do caravel
Marta Knörr, mezzosoprano
Samuel Diz, guitarra clásica

Un dos poemarios más representativos do exilio español republicano é Entre el clavel y la espada de Rafael Alberti, publicado en Bos Aires pola editorial Losada. A partir deste poemario o compositor Gustavo Pittaluga, anos antes de alcanzar a popularidade coas bandas sonoras das películas Los olvidados ou Viridiana de Luis Buñuel, escribiu a colección de catro cancións para voz e guitarra Metamorfosis del clavel. Esta partitura, silenciada durante décadas, é o epicentro do programa musical ofrecido pola mezzosoprano Marta Knörr e o guitarrista clásico Samuel Diz xunto ás composicións de Manuel de Falla, Salvador Bacarisse, Jesús Bal y Gay e Fernando Buide.

 
A obra contemporánea Nocturnal (a Bal y Gay) do compostelán Fernando Buide dialoga coa recuperación da partitura para guitarra de Jesús Bal y Gay e a Nana del niño malo escrita polo compositor lucense no seu exilio mexicano a partir do poema de Rafael Alberti. A estreita relación que Bal y Gay mantivo co pintor Arturo Souto, presente na mostra Sonoro Empeño, foi esencial na apertura da Galería Diana (Cidade de México, 1955-1965) de Bal y Gay e Rosita García Ascot.

 

PROGRAMA

Le tombeau de Claude Debussy
Manuel de Falla (1876 – 1946)
Pastoral
Nana del niño malo
Jesús Bal y Gay (1905 – 1993)
Nocturnal (a Bal y Gay)
Fernando Buide (n.1980)
Metamorfosis del clavel
Gustavo Pittaluga (1906-1975)
Le petit retable de Don Cristóbal
Salvador Bacarisse (1898 – 1963)

 

MARTA KNÖRR (mezzosoprano)

A mezzosoprano Marta Knörr é unha intérprete versátil que se desenvolve nos máis variados xéneros e estilos. Realizou os seus estudos de Canto no Conservatorio Superior de Música de Donostia, onde obtivo por unanimidade o Premio de Honra Fin de Carreira. Posteriormente trasladouse a Viena para traballar a técnica vogal con Susan Dennis e o repertorio operístico con Itsvan Cserjan. Participou como solista en producións operísticas interpretando un variado repertorio dende Henry Purcell ata Kurt Weill. En 2003 protagonizou a estrea absoluta da ópera de César Camarero Horizonte Cuadrado, nunha coprodución do Teatro Central de Sevilla, o Teatro Alhambra de Granada e o Teatro de la Abadía de Madrid. Actúa así mesmo na Biennale di Venezia na produción de Fragmento de Orfeo de Jesús Rueda e Un parque de Luis de Pablo. En 2013 participou na estrea en España da ópera de cámara de Ernst Krenek What price confidence nos
Teatros del Canal de Madrid. En 2014 participou na produción da opereta de cámara Cendrillon de Pauline Viardot, nunha produción da Fundación Juan March presentada tamén nas Noches Líricas de Hualle do Festival de Santander e nos Teatros del Canal de Madrid.

Marta Knörr foi considerada pola crítica especializada coma «a referencia española» para o Pierrot lunaire de Schoenberg (Revista Doce Notas, Jorge Fernández Guerra) tras as interpretacións na Fundación Botín de Santander, Teatros del Canal de Madrid e o Auditorio de Zaragoza. Destacada cantante de concerto e oratorio, Marta Knörr preséntase como solista nas salas de concerto e festivais españois máis importantes. Actúa con agrupacións como Koan2, Cuarteto Bretón, Trío Arbós, Ensemble Banksia, Grupo Enigma, Ensemble Arcema, Orquesta Madrid Barroco ou o Cuarteto Vocal Cavatina, e con instrumentistas como Dimitri Vassilakis, Mario Prisuelos, Karina Azizova, Duncan Gifford, Aurelio Viribay e Pablo Sáinz Villegas. Realizou diversas gravacións para Radio Clásica e ofreceu numerosos recitais, ademais de en España, en Austria, Alemaña, Noruega, Francia, Italia, Suecia, México e Marrocos.


Moi interesada na música do noso tempo, Marta Knörr protagoniza numerosas estreas absolutas. É integrante desde a súa creación do proxecto interdisciplinar de creación musical EPOS Lab. A súa discografía inclúe os Cds Canciones del Grupo de Madrid, Compositoras españolas del siglo XX e un álbum co Cuarteto Vocal Cavatina. No selo discográfico italiano Stradivarius protagonizou a primeira gravación do Retablo sobre textos de Paul Klee de Benet Casablancas. Recentemente participou xunto ao Trío Arbós na gravación dun monográfico de obras do compositor Alejandro Román para o selo Naxos.

 

SAMUEL DIZ (guitarra clásica)
O guitarrista clásico Samuel Diz (Tui 1986) é un activo intérprete e investigador da música na Xeración do 27 e o exilio da Guerra Civil Española. Premio Andrés Segovia polo estudo da música española nos cursos de Música en Compostela, Samuel Diz recibiu o Premio da Crítica El Primer Palau polo «estudo e coherencia do programa, coa demostración dunha alta seguridade escénica e un son moi diáfano coa guitarra» no seu debut no emblemático Palau de la Música Catalana.

Titulado superior polo Conservatorio Superior de Música de Sevilla e posgrao na Universitat Pompeu Fabra, a carreira artística de Samuel Diz desenvólvese en emblemáticos teatros e festivais, desde a Fundación Juan March e a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, no Harare International Festival of the Arts (Zimbabwe) ou en The Council on Latin American and Iberian Studies of Yale University (Estados Unidos). O estudo e interpretación do diálogo interdisciplinar entre música, literatura e pintura invitan a Samuel Diz a presentar o seu traballo na Casa-Museo Antonio Machado (Segovia) ou no Museo-Casa natal de Benito Pérez Galdós (Las Palmas de Gran Canaria), así como en museos especializados na vangarda española de José Moreno Villa (Museo de Belas Artes de Málaga), Ángel Ferrant (Patio Herreriano), Joaquín Peinado (Museo Unicaja), Museo da Fundación Gregorio Prieto, ou proximamente no Museo-Casa natal de Pablo Picasso. O seu traballo discográfico Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca (Poliédrica/Creación Joven INJUVE 2015) foi presentado no Centro Generación del 27, no Centenario de Lorca en Galicia con Ian Gibson e Carolina Alba (Radio 3), ou no Cinco a las cinco xunto ao musicólogo Leopoldo Neri no Museo-Casa Natal Federico García Lorca de Fuente Vaqueros. En 2016 a Boston University convidou a Samuel Diz a participar no Lorca's guitar soundings xunto ao hispanista Alan Smith, un acto coordinado polo prestixioso lorquista Christopher Maurer. Samuel Diz é director artístico de Música no claustro, festival de música, patrimonio e creación da Catedral de Tui, que tivo na súa XIII edición o Museo Nacional de Escultura coma dobre sede.

 

SONORO EMPEÑO

Arte e música danse a man na capital galega, e transforman o Centro Obra Social ABANCA e o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela nun potente, dinámico e sonoro altofalante. 

O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. A partir do 25 de marzo.

Coñece aquí toda a programación!

Marta Knörr
Marta Knörr
Samuel Diz. Fotografía de Marina Neira
Samuel Diz. Fotografía de Marina Neira
Guitarrista clásico
Guitarrista clásico
Recital de Samuel Diz
Recital de Samuel Diz
Samuel Diz. Fotografía de Óscar Martínez
Samuel Diz. Fotografía de Óscar Martínez
Samuel Diz. Fotografía de Xosé Durán
Samuel Diz. Fotografía de Xosé Durán
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078