• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Estíbaliz Espinosa gaña o XV Premio de Poesía Afundación

Cultura Outras Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Estíbaliz Espinosa gaña o XV Premio de Poesía Afundación
  • 21-11-2017 30-11-2017 Estíbaliz Espinosa gaña o XV Premio de Poesía Afundación A coruñesa gaña o premio de Afundación este 2017 co traballo As neuronas irmás Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    21 de novembro de 2017

  • Entrada:

    Gratuíta

Estíbaliz Espinosa gaña a XV edición do Premio de Poesía Afundación coa obra As neuronas irmás. A resolución do xurado, composto polas escritoras Berta Dávila e María Neves Soutelo; Mario Regueira, escritor; Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado; e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e presidente do xurado, tivo lugar a pasada tarde do 21 de novembro na Sede Afundación Santiago de Compostela.

 

As neuronas irmás, presentada pola súa autora baixo o lema Curiosa, destaca segundo o xurado «pola coherencia dun discurso poético sólido, a potencia evocadora das imaxes, así coma a orixinalidade das referencias que apelan á dimensión científica do ser humano biolóxico e emocional».

 

A PREMIADA

Estíbaliz Espinosa Río

A Coruña, 1974, ano da mensaxe  ao espazo dende o radiotelescopio de Arecibo

 

www.estibalizespinosa.com

@criaturamecanic

 

Naceu e vive na Coruña. É escritora, músico e astrónoma afeccionada. Interésalle a constelación que une literatura, ciencia e muller. O seu labor poético, concibido como unha exploración, unha mutación ou unha simbiose, ten a reivinidicación da ciencia como parte substancial da cultura humanística. A curiosidade como emblema.

 

É licenciada en Socioloxía e licenciada en Filoloxía Hispánica, ambas pola UDC.

 

Publicou varios libros de poemas:

Mecánica Zeleste [1999]

Pan [libro de ler e desler] [2000]

-orama [2002]

Número e [2003]

Zoommm. Textos biónicos [2007/2009]

Papel a punto de [2011]

Curiosidade [de vindeira aparición nova editorial Aira, 2017]

 

Escribe tamén relato curto, ensaio e traducións. Entre eles, os seus relatos sobre mulleres investigadoras, narrados en Radio Voz, co título Cápsulas de son. Escribiu tamén un álbum de astronomía para nen*s, Caer de cu polo universo [2015]. Traduciu a Sholeh Wolpé, J.L. Ducid, fragmentos de Carl Sagan, Richard Feynman, Grace Paley, Wislawa Szymborska ou Diane Ackerman.

 

Artellou un ciclo de encontros entre literatura, arte e novas tecnoloxías: Pinte un bisonte na caverna, por favor [Caixa Galicia, 2008].

 

Algúns dos seus poemas traducíronse a galés, catalán, macedonio, xaponés, hebreo, iraniano, castelán, inglés, alemán. Poemas seus publicáronse na revista neoiorquina Strange Horizons, na xaponesa Beagle e en diversas publicacións galegas e castelás, como Olga ou La Galla Ciencia, e no libro colectivo The Museum of all things awesome and that go boom. Obtivo galardóns como o Premio Esquío, La voz +joven, Serie B de Poesía  ou o Espiral Maior en poesía, e o José Saramago de Santiago de Compostela, en relato. Foi finalista do certame Cosecha Eñe de relatos en castelán [2014].

 

Participou en eventos de divulgación científica como Naukas 2017 e en numerosos festivais literarios, dende Gales a Barcelona, Bos Aires ou Vigo, e en numerosos recitais, dende Famalição a Palma de Mallorca, dende Gernika ao Planetario da Coruña.

 

Entre as súas influencias salientan a ciencia [astronomía, neurociencia, bioloxía, programación], ciencia-ficción, música, feminismo, novas tecnoloxías, a narrativa científica e a literatura experimental, dende a poesía galega, norteamericana e oriental, á narrativa latinoamericana ou a literatura eslava. 

 

O PREMIO

O galardón, que implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 6000 euros, comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias do PEN Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello ou Olalla Cociña, gañadora da anterior convocatoria.

 

O premio, que celebra a súa décimo quinta edición, conta co apoio e a participación da Xunta de Galicia. Afundación e o Centro PEN de Galicia, tras quince anos de implicación e compromiso coa poesía e coa literatura galega, continúan traballando por un xénero indispensable que, aínda que minoritario, serve de cimento para a consolidación da renovación estética e para a normalización da lingua galega.

 

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078