• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto XOSÉ MIGUÉLEZ & JEAN-MICHEL PILC QUARTET na Coruña

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto XOSÉ MIGUÉLEZ & JEAN-MICHEL PILC QUARTET na Coruña
  • 26-11-2021 26-11-2021 Concerto XOSÉ MIGUÉLEZ & JEAN-MICHEL PILC QUARTET na Coruña ENTRADAS ESGOTADAS! Dentro do ciclo Butaca de Jazz traemos esta formación cunha fonda influencia do songbook do jazz americano, pero cunha maneira moi persoal Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    26 NOV 2021

  • Horario:

    20.30 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

ENTRADAS ESGOTADAS!

Poderiamos definir o Xose Miguélez & Jean-Michel Pilc quartet como unha formación cunha procura insaciable e libre de expresión artística. Esta banda representa a dúas xeracións diferentes, pero cunha mesma maneira de entender a música. Con composicións propias e unha fonda influencia do songbook do jazz americano, pero cunha maneira persoal de interpretalo, respectando a forma mais libertándose do resto dos elementos.

 

Este concerto enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Así pois, poderás reservar as túas entradas a través de Ataquilla, e como pago, ao acceder ao concerto, achegar unha doazón de alimentos non perecedoiros. Un xeito de sermos solidarias e solidarios trocando comida por cultura.  

 

Carlos Barretto e Marcos Cavaleiro, dous dos músicos de jazz máis destacados de Portugal, xunto cun dos nomes máis importantes do jazz internacional, o pianista franco-americano Jean-Michel Pilc e o saxofonista galego Xosé Miguélez, fan que composicións saídas de mentes e momentos diferentes, funcionen cunha estética común. Na actualidade atópanse inmersos no proceso de gravación do seu novo traballo discográfico, que será publicado pola discográfica de Seattle Origin Records.

 

FORMACIÓN

Xosé Miguélez, saxo tenor

Jean-Michel Pilc, piano

Carlos Barretto, contrabaixo

Marcos Cavaleiro, batería.

Xosé Miguélez está considerado como un destacado saxofonista da nova xeración de músicos de jazz da Península Ibérica. O seu máis recente traballo, Ontology, gravado nos Estados Unidos, presentouse na sala Blue room do American Jazz Museum en Kansas City. Este proxecto vén de ser recoñecido co Premio Martín Codax da música galega na categoría de jazz. Na actualidade, traballa no seu segundo álbum que será publicado en marzo de 2022 pola discográfica americana Origin Records.

O pianista e compositor autodidacta Jean-Michel Pilc tocou con numerosos xigantes de jazz como Roy Haynes, Billy Hart, Michael Brecker, Dave Liebman, Jean Toussaint, Daniel Humair e Kenny Garrett, Lenny White, Chris Potter, Mingus Big band, entre outros. Tamén traballou con Harry Belafonte como o seu director musical e pianista, e fixo un dueto coa lendaria cantante de ópera Jessye Norman. Jean-Michel lanzou tres álbums de piano en solitario aclamados pola crítica e un novo álbum en solitario, Parallel, publicado por Challenge Records en xuño de 2018. De 2006 a 2015 foi membro da facultade de NYU Steinhardt. Ensinou para New School en Nova York e desde setembro de 2015 é profesor asociado na Universidade McGill en Montreal.

Cando se trata do jazz en Portugal, o nome do contrabaixista Carlos Barretto (CB) é unha referencia ineludible. Despois de rematar o curso do Conservatorio Nacional de Música de Lisboa, residiu en Viena para especializarse na música clásica, estudando con Ludwig Streischer, un dos grandes mestres do mundo do contrabaixo. Traballou  con grandes nomes do jazz, actuando nos festivais máis prestixiosos de Francia, Alemaña, Suíza ou Holanda. Xa en Portugal, gravou 9 CD propios e colaborou en máis de vinte obras de músicos como Bernardo Sassetti, Carlos Martins, Bob Sands ou Mário Delgado. Tocou con Lee Konitz, Steve Grossman, Gary Bartz, entre moitos outros.

Marcos Cavaleiro, batería, é un dos músicos máis demandados da escena do jazz portugués na actualidade. Estudou con Acacio Salero, Alexandre Frazão, Marc Miralta, Michael Lauren e Jeff Williams. Xa tivo a oportunidade de tocar con André Fernandes, André Matos, Afonso Pais, Bernardo Sassetti, Jeff Davis, Juan Moreira, Maria João e Mário Laginha, entre outros moitos. É membro da OJM (Orquestra Jazz de Matosinhos) desde 2007, colaborando con artistas como Carla Bley, Fred Hersch, Jim McNeely, Kurt Rosenwinkel, Lee Konitz, Maria Schneider, Ohad Talmor, Perico Sambeat, Steve Swallow ou Rich Perry.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078