Rastrillo solidario - Espazo +60 Ferrol
A Sede Afundación Ferrol acolle o rastrillo solidario do Espazo +60 no que se poñerán á venda traballos artesanais realizados polas participantes do obradoiro solidario.
Durante varios días, o público poderá achegarse e colaborar adquirindo produtos únicos feitos a man, contribuíndo así a unha causa social.
A recadación destinarase á Cocina Económica. Como peche do evento, o día 29 de maio ás 11:00 horas celebrarase unha chocolatada con churros e a entrega do talón a esta entidade.
Datas: do 25 ao 29 de maio de 2026
Horario: de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00
Lugar: Sede Afundación Ferrol (hall de entrada)
Entrada: libre