Obradoiro de olaría e torno. Lugo
O 28 de outubro e 25 de novembro a Sede Afundación de Lugo acolle un obradoiro de olaría a cargo de Pepa Lombao, dentro das actividades organizadas a carón da mostra «Oficios entre lusco e fusco».
Entrada aberta e de balde sen inscrición previa. A persoa interesada incorporarase e abandonará o obradoiro a libre elección.
Pepa Lombao provén dunha longa tradición oleira, herdanza que chega a ela como legado familiar e tamén da súa parroquia natal, Bonxe, en Outeiro de Rei, onde case a totalidade d@s veciñ@s se dedicaban ao barro.
A día de hoxe Pepa é a única representante da ancestral Olaría de Bonxe, e leva toda a vida difundindo este patrimonio en demostracións, obradoiros e colexios, polo que conta cunha importante experiencia como docente.