Obradoiro de cestaría. Lugo
O 11 de novembro e 2 de decembro a Sede Afundación de Lugo acolle un obradoiro de cestaría a cargo de Carmen Fieiras, dentro das actividades organizadas a carón da mostra «Oficios entre lusco e fusco».
Entrada aberta e de balde sen inscrición previa. A persoa interesada incorporarase e abandonará o obradoiro a libre elección.
Carmen Fieiras é unha artesá da cidade de Lugo que ten máis de 15 anos de experiencia impartindo obradoiros de cestaría para público adulto e infantil.
O seu perfil docente (estudou Educación Infantil) é indispensable para entender a carreira desta profesional cuxa bagaxe lle permite dominar a técnica tradicional da cestaría con vimbio, ao tempo que experimenta con outros materiais para crear pezas únicas e de grande atractivo visual. O feito de pertencer a unha xeración de artesás moz@s, demostra que este oficio e as súas
múltiples revisións aínda teñen moita vida por diante.