• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea MiiC3 en Santiago de Compostela

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea MiiC3 en Santiago de Compostela
  • 22-10-2020 27-02-2021 CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea MiiC3 en Santiago de Compostela Moita cor, olladas femininas, novidade de formatos coma o videoxogo de Conrad Roset e artistas importantes do panorama internacional. Prende o ollo en Abi Castillo, Agathe Sorlet, Coco Dávez... e moito máis nesta MiiC 3 Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    22 OUT a 27 FEB 2021

  • Horario:

    LUNS a VENRES 17.00 a 21.00 h

    SÁBADOS 12.00 a 14.00 e 17.00 a 21.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

Abrimos as cancelas a CROMÁTICA, a nova Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea en SANTIAGO DE COMPOSTELA. Nesta terceira edición, multitude de artistas do eido nacional e de fóra das nosas fronteiras expoñen unha escolma das súas obras na Sede Afundación da Rúa do Vilar até o mes de febreiro. Esta terceira edición xira en torno á cor como elemento expresivo e sinal de identidade de diferentes culturas e tráenos moita diversidade de ópticas, moitas delas da man de artistas mulleres. Convidámosvos a pasear polas nosas salas, con todas as medidas de seguridade pertinentes, e encherse de arte colorista, intercultural, feminina, feminista e moi fresca.

Así é CROMÁTICA, benvidas e benvidos... 

 

Na mostra podes ver 19 artistas: 8 internacionais: Agathe Sorlet, Petra Eriksson, Aka Corleone, Samya Arif, Margaux Carpentier, Tina Siuda, Diana Ejaita e Agustina Shuan. 5 nacionais: Conrad Roset, Coco Dávez, José A. Roda, Verónica Grech e Coco Escribano; e 6 galeg@s: David Méndez Alonso, Abi Castillo, Óscar Raña, Tayone, Héctor Pichel e Iris Branco.

 

COMISARIA MATILDE RODRÍGUEZ

 

Accede á VISITA VIRTUAL!

 

 

Esta terceira edición xira en torno á cor. Así, combinaranse na exposición pezas de corte abstracto e estético onde a cor é o elemento primordial, xunto con outras en que a cor é un medio expresivo das emocións; ou pezas que teñen un forte compoñente étnico mediante a representación e reinvicación de diferentes culturas a través das cores do mundo. Destacaremos desta volta a creación feminina e do país, canda unha diversidade de procedencias con vocación internacionalista, en diálogo co que andamos a facer aquí. 

En xeral, as pezas de CROMÁTICA teñen como base da súa creación a ilustración, e presentan técnicas moi diferentes (videoxogo, guache, colaxe, cerámica, animación) onde a cor é fragmentada en múltiples significados, atendendo a conceptos culturais, estéticos ou emocionais. O concepto da cor, que alude na mostra a diferentes latitudes, culturas e razas, é un medio para reflexionar sobre a colectividade, mais con identidade propia, mediante escenas oníricas, abstractas, retratos, etc.

Moitas das olladas debúxanse en clave feminina, numerosas artistas mulleres participan nesta MiiC 3 e fano desde distintas procedencias. A nivel nacional, destacamos Coco Dávez, unha das novas promesas da arte contemporánea española, que bebe da arte pop e o novo realismo ilustrado. En febreiro de 2019 foi incluída na lista Under 30 de artistas máis influentes menores de 30 anos da revista internacional Forbes, sendo a única creadora española en aparecer. E o recoñecido Conrad Roset, co seu videoxogo GRIS, que apaña numerosos galardóns desde a súa saída. 

Outro destaque da mostra é o traballo de seis artistas de Galicia, entre quen subliñamos a obra do ilustrador e deseñador de moda David Méndez Alonso, que ademais de ter a súa propia marca colabora con firmas de todo o mundo coma Absolut, Adidas, H&M, Warner Music, Nike... e Abi Castillo, unha das artistas máis recoñecidas do momento, escollida por Inditex para integrar Women in Art canda outras dúas artistas internacionais.

 
Tamén participan artistas de peso con moita presenza nas redes coma Agathe Sorlet, con máis de 700 000 seguidores en Instagram, ou Conrad Roset con 300 000 seguidores en IG, un dos ilustradores de maior renome na actualidade, con obras que foron expostas en galerías e museos de todo o mundo, que ademais ten traballado para Disney, Heineken, Mango, Coca Cola, Nike, Adidas e un longo etcétera de firmas. Desta volta, el tráenos un novo formato, o de videoxogo con GRIS, de corte artístico que desde o seu lanzamento non parou de recibir premios a nivel mundial, coma o prestixioso premio de animación Annie, un Game Developers Choice Awards, dous Indie Developer Burger Awards e o premio Game Awards (os Óscar do videoxogo) na categoría Games of Impact. En 2020 levan máis dun millón de copias vendidas. Na mostra exporanse fragmentos audiovisuais e o libro de arte da súa creación.
 
 
ACTIVIDADES PARALELAS
 

>> MiiC3 na RÚA | 21 NOV | 16.00 a 21.00 h | Intervencións artísticas en escaparates da Rúa do Vilar

Participan as artistas galegas Abi Castillo e Iris Branco; os galegos Hector Pichel, Tayone, e Oscar Raña; e a arxentina afincada en Galicia, Agustina Shuan. Os establecementos que participan da iniciativa son: Espadela, Vestopazzo, Morgana, Astor Decoración, Librería San Pablo e a Sombreirería Iglesias, todos situados na rúa do Vilar, configurando así unha ruta que se vai poder consultar a través dun código QR en todos os escaparates. As intervencións poderán verse ata o 21 de decembro.

Iniciativa amparada polo Concello de Santiago de Compostela.

AQUÍ TODA A INFO!

 

>> FELiiC, Feira de Edición e Libro Ilustrado. Edición Virtual [Afundación TV] | 16 XAN 2021

Retransmisión dos coloquios en Afundación TV, ao vivo, desde o 2º andar da expo Cromática, Miic3, na Sede de Compostela.

PROGRAMA

12.30 h Coloquio cos gañadores/as dos Premios Castelao de Banda Deseñada 2019 e 2020. Interveñen: Alberto Vázquez, Martín Romero, Begoña García-Alén e Andrés Magán. Modera o coloquio: Xurxo Couto Rodríguez, deputado de cultura, políticas de igualdade de xénero e normalización lingüística da Deputación da Coruña.

18.00 h Coloquio coas ilustradoras que aparecen no libro Women’s Club: Art is Powerful, da editorial Monsa. Convidadas: Verónica Grech e Coco Escribano (presentes na expo MiiC3). Modera o coloquio: Neves Rodríguez, actriz e presentadora.

AQUÍ TODA A INFO!

Organiza DEPUTACIÓN DA CORUÑA 

 

>>Mostra A CAZA de Alberto Vázquez | 21 XAN a 27 FEB 2021

Andar 0, Sede Afundación Santiago de Compostela

Mostra cedida por Viñetas do Atlántico. Comisario: Jaime Oiza.

22 ilustracións orixinais realizadas en tinta chinesa sobre pvc polo artista coruñés, gañador en 2019 do Premio Castelao de Banda Deseñada.

AQUÍ TODA A INFO!

 

>>OPEN MiiC. Encontros con artistas e público. Edición virtual | 30 XAN 2021 [Día da Ilustración]

Teremos oportunidade de ver as e os artistas desta nova edición da MiiC en Compostela explicando na sala as súas propias pezas.

Decontado máis info!

 
 
APP MiiC3
Goza, ademais, da túa visita á exposición con esta guía interactiva para completares o percorrido na sala, con toda a información sobre os artistas, obras, contido multimedia extra e ligazóns ás webs das e dos ilustradores, ademais de incorporar unha visita virtual 360º da mostra e toda a info de horarios, como chegar, etc. Irache amosando os puntos de interese grazas a un exclusivo sistema de xeolocalización que se activa co teu movemento. Tamén funciona como catálogo online xa que se pode acceder ao contido desde a casa.
Tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Esta aplicación foi creada pola empresa galega Kappowsky S.L, e está dispoñible para os sistemas operativos Android e iOs. A descarga é completamente de balde. Unha vez instalada non precisa de internet ou datos para utilizala (offline).

Unha innovadora ferramenta museística que permite adaptarse aos novos tempos, levando a exposición ás nosas casas.

Atende ás ligazóns de descarga!

PARA iOs

PARA Android

En colaboración coa Xunta de Galicia.

Open MiiC. Encontros virtuais cos artistas
Open MiiC. Encontros virtuais cos artistas
Autora: Samya Arif
Autora: Samya Arif
Cartel MiiC na Rúa
Cartel MiiC na Rúa
Cartaz CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
Cartaz CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
App MiiC3 CROMÁTICA
App MiiC3 CROMÁTICA
App MiiC3 CROMÁTICA
App MiiC3 CROMÁTICA
App MiiC3 CROMÁTICA
App MiiC3 CROMÁTICA
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078