• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

FELiiC. Feira de Edición e do Libro Ilustrado en AfundaciónTV

Cultura Xornadas e conferencias Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
FELiiC. Feira de Edición e do Libro Ilustrado en AfundaciónTV
  • 16-01-2021 16-01-2021 FELiiC. Feira de Edición e do Libro Ilustrado en AfundaciónTV Nova edición virtual con dous encontros de mañá e tarde para falar con artistas e máis convidadas sobre ilustración e libros Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    16 XAN 2021

  • Horario:

    12.30 e 16.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Nesta nova edición de 2021, a FELiiC, a Feira de Edición e Libro Ilustrado chega en formato virtual. Emitirase o 16 de xaneiro en directo desde a Sede Afundación de Santiago de Compostela, no mesmo marco da exposición MiiC3 CROMÁTICA, a través da canle AfundaciónTV. 

Apunta o que vén!

 

12.30 h | Coloquio cos gañadores/as dos Premios Castelao de Banda Deseñada 2019 e 2020

Interveñen: Alberto Vázquez, Martín Romero, Begoña García-Alén e Andrés Magán.

Modera o coloquio: Xurxo Couto Rodríguez. Deputado de cultura, políticas de igualdade de xénero e normalización lingüística. Deputación da Coruña.

 

Begoña Carcía-Alén (Pontevedra, 1989). Gañadora en 2020 do Premio Castelao de Banda Deseñada na categoría xeral pola súa obra Adeus Amigos. O xurado destacou deste traballo a súa «aposta gráfica experimental vencellando a trama coa obra do artista Bas Jan Ader e pola mestura da historia gráfica dun artista coa historia dun neno dunha forma máxica. Gráfica sintética e minimalista». BIO. Formada en Belas Artes en Pontevedra e, logo, pola Universidade de Kingston en Londres. Destaca no panorama cultural como autoeditora, participando en fanzines tanto de modo individual como colectivo (por exemplo, con Andrés Magán e o proxecto "Noite Líquida"). O seu primeiro traballo extenso foi Perlas do Inferno, publicado por  Fosfatina.

Andrés Magán (Vigo, 1989). Gañador en 2020 do Premio Castelao de Banda Deseñada na categoría infantil/xuvenil pola súa obra As aventuras de Passer P. Malta. O xurado salientou deste traballo a súa calidade de «historia divertida, surrealista e máxica que ten un bo debuxo e que está protagonizada por animais antropomorfos que lembran os clásicos do cómic, pero actualizados a nivel narrativo e gráfico». BIO. Debuxante e músico residente en Vigo. Tras acabar os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra, realizou varios traballos relacionados co mundo da música para máis adiante centrarse noutro tipo de disciplinas como a pintura, a serigrafía e especialmente a banda deseñada. Os seus traballos puidéronse ver en cidades como Vigo, Madrid, Barcelona, New York ou Portland. Colaborou con diversas editoriais e galerías e é cofundador da editorial Noite Líquida xunto con Bergoña García-Alén.

Alberto Vázquez (A Coruña, 1980). Gañador en 2019 do Premio Castelao de Banda Deseñada na categoría xeral pola peza A Caza. O xurado salientou deste traballo o “mundo propio e persoal, baseado nun debuxo expresivo que xera unidade narrativa e imaxes que se manteñen na retina do lector”, e destacou, ademais, o “grafismo moi sólido realizado coa técnica do sumi-e con tinta chinesa [técnica de pintura xurdida no século II na China, considerada 'arte do esencial']”. BIO. Tras bandas deseñadas como Psiconautas ou El Evangelio de Judas, labrouse unha consistente traxectoria de director de animación que o levou gañar tres premios Goya coas curtas Birdboy e Decorado, e o de mellor filme de animación pola adaptación de Psiconautas, volve á banda deseñada con A caza. Os seus libros foron editados en países como España, Francia, Italia, Brasil e Corea. As súas creacións audiovisuais obtiveron máis de 60 premios internacionais e foron exhibidas en prestixiosos festivais de todo o mundo como Cannes, Toronto, Annecy,  Clermont- Ferrand, Zagreb ou Park City (Slamdance).

Martín Romero (Boiro, 1981). Gañador en 2019 do Premio Castelao de Banda Deseñada na categoría infantil/xuvenil coa peza Uxío. O xurado destacou o seu “interesante transfondo reflexivo que desenvolve unha filosofía sobre a vida e a cotidianeidade dun xeito lixeiro e poético”. Foi  a primeira peza premiada na modalidade infantil e xuvenil dos premios, inaugurando esta categoría. BIO. É ilustrador, autor de banda deseñada e director de animación. Combina ditas disciplinas para desenvolver os máis diversos proxectos. Como ilustrador realiza traballos que van desde o ámbito publicitario ata o editorial, dentro deste último ilustrou libros que foron publicados en España, Francia e Italia. Entre as súas bandas deseñadas salientan As fabulosas crónicas do rato taciturno (2011), Episodios Lunares (2015) e A débeda (2017), publicados en España por diferentes editoriais e tamén traducidos ao francés. La Noche, a súa primeira curtametraxe, está baseada na súa obra Episodios Lunares.

>>Moderador:

Xosé Xurxo Couto Rodríguez: deputado de cultura, políticas de igualdade de xénero e normalización lingüística. Deputación da Coruña.

 

18.00 h | Coloquio coas ilustradoras que aparecen no libro Women’s Club: Art is Powerful, da editorial Monsa

Convidadas: Verónica Grech e Coco Escribano (presentes na expo MiiC3).

Modera o coloquio: Neves Rodríguez, actriz e presentadora.

 

Este encontro céntrase na óptica de cando as ilustradoras son as protagonistas do libro. Auxe da ilustración coa aparición de libros-guía que nos amosan o traballo de artistas punteiras, dando aquí un paso máis adiante coa recompilación do traballo de artistas mulleres, sendo elas as protagonistas dos libros, o que marca o cambio de tendencia en relación ás primeiras compilacións ilustradas (onde a selección incluía case exclusivamente homes).

>>Contexto:

Libro publicado en 2018 por Instituto Monsa de ediciones. Autora: Eva Minguet. O libro recompila o traballo de 25 ilustradoras. Aparecen seleccionadas Petra Eriksson, Coco Escribano, Samya Arif  e Verónica Grech; catro ilustradoras que expoñen actualmente os seus traballos na III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, Cromática. A portada do libro é a ilustración Cosmic Ninja de Samya Arif, que está na serie Women’s of my land, exposta tamén na mostra.

Introdución do libro: Desde fai tempo as mulleres comezaron a pelexar polo seu sitio en diferentes  disciplinas, alzando a voz e mostrando mensaxes reivindicativas en redes sociais. Vemos que a palabra "feminista" ten un sentido negativo, non se lle dá veracidade e só ao escoitar ese termo créase unha barreira invisible para moitxs, que impide captar o discurso dunha maneira clara. Despois de observar que a maioría dos traballos impresos en revistas, xornais, ou portadas de libros eran traballos realizados por homes, quixemos mostrar todas esas mulleres que desde as súas redes sociais expoñen ilustracións e mensaxes incribles, dignas de seren publicadas en calquera deses medios. É máis que palpable que as mulleres están gañando moito terreo e cada vez son máis as que publican os seus traballos. As ilustracións que se mostran neste libro enganchan polo seu contido e estética. Son traballos en que sobre todo, son as mulleres as protagonistas das ilustracións, combinando técnicas manuais e dixitais para crear un universo propio feminino.

Editorial: Somos un grupo editorial que quere seguir avanzando, sempre cunhas inquedanzas en continua efervescencia. Atopámonos nunha época en que a revolución tecnolóxica e de comunicación parecen minimizar a edición en PAPEL IMPRESO, coa vontade de que esta produción non desapareza nunca polo seu gran valor e polo pracer que supón o ter un bo libro entre as mans e gozalo de inicio a fin, poñemos toda a nosa ilusión e forza editorial en dar saída a todo aquilo que visualmente poida ser atractivo, para profesionais (ou non) do sector da arquitectura, deseño, ilustración, fotografía…

>>Relatoras:

Verónica Grech. Ilustradora profesional independente que vive e traballa en Asturias, á que lle gusta crear personaxes estrañas e divertidas, retratos poéticos, así como escenas e paisaxes urbanas coloridas: "interésame moito capturar a forma de vida contemporánea creando imaxes coloridas e personaxes inspiradas nos meus temas favoritos (moda, música, cinema, estilo náutico e viaxes)". O seu traballo caracterízase pola composición de formas xeométricas brillantes, tons vivos e o seu uso informal da perspectiva. Coa súa estética limpa e precisa, a súa arte editorial, en particular, logra o obxectivo de facerlle unha pregunta ao lector. Ao destilar ideas dunha maneira simple pero hábil, as súas ilustracións complementan o texto editorial dunha maneira que fala con claridade. A pesar de que a súa arte final é dixital, o proceso de Verónica, en primeira instancia, implica debuxar e explorar ideas utilizando os medios máis tradicionais da pluma e a acuarela. Inspiradas como adoitan estar na fotografía nostálxica, as súas ilustracións posúen unha calidade emocional que fomenta unha conexión máis profunda coa historia no seu traballo. Algúns dos seus clientes son: The Telegraph (UK), Los Angeles Times, The Wall Street Journal, The Boston Globe, The Washington Post, The New York Observer, Vogue, Rebook, Desigual, Shopify, Ebony Magazine, Zenith-Planeta, Random House Mondadori, Ford, Pull&Bear, Columbia University, NPR, EasyJet Magazine, Brigitte Magazine, Spectrum, Urban Outfitters, Family Circle Magazine, Hachette Book Group, Koan Editorial e Unicef.

Coco Escribano. É unha artista e ilustradora conquense afincada en Zaragoza. Fixo bacharelato artístico e estudou Belas Artes en Cuenca. Diversifica a súa obra en distintos campos, por unha banda o seu traballo persoal que é esencial para ela e que adoita mostrar en proxectos expositivos (recentemente expuxo en Barcelona, Zaragoza e no festival de arte naif de Polonia) e, doutra banda, a súa faceta como ilustradora. As ilustracións de Coco caracterízanse por un marcado estilo persoal cheo de cor, onde a figura feminina e a natureza son as protagonistas nun mundo de beleza puro e inspirador. O seu estilo colorido é un tanto naif e aparentemente inxenuo. Encántalle cargar os seus traballos de imaxes ambiguas que conviden a interpretalas: "apaixóname facer retratos de mozas e, sobre todo, crear obras que sexan capaces de transmitir unha emoción ou unha idea. Algunhas veces represento unha acción que esconde algunha metáfora ou unha mensaxe, e outras veces tento captar nos rostros un estado de ánimo, que en moitas ocasións é o meu".

>>Moderadora:

Neves Rodríguez. Actriz e presentadora, ten participado en diversas series de televisión e en obras de teatro. Obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora en 2018. Entre 2014 e 2018 conduciu o programa radiofónico “Metrópoles delirantes” dedicado á banda deseñada. Este ano foi a mestra de cerimonias do 17º Encontro Galego da Ilustración organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

 

Organiza a DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078